Ideas innovadoras para frear a discapacidade no envellecemento

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Obra Social "A Caixa" e a Fundación Xeral CSIC (FGCSIC) anunciaron a súa colaboración en cinco proxectos que van dende o desenvolvemento de videoxogos a un interface de adestramento cognitivo e que teñen como principal obxectivo lograr a discapacidade cero durante o envellecemento.

n
n

nDurante a presentación, Ana María Martínez Gil, profesora de investigación do CSIC no Instituto de Química Médica, que, ademais, puxo de relevo a importancia que ten o apoio do desenvolvemento de fármacos contra as enfermidades neurodexenerativas asociadas á idade avanzada.
n
nMartínez fixo referencia a un novo fármaco, chamado Tideglusib para tratar alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, que foi desenvolvido polo seu departamento, en colaboración coa empresa Noscira (do Grupo Zeltia), que quebrou en novembro pasado.
n
nSegundo a investigadora, este fármaco está a ter dificultades para chegar á fase 3. "Xa superamos a fase 2, coa que se demostrou en 350 pacientes que o fármaco é seguro, pero levamos parados dende novembro, cando o noso socio entrou en liquidación. Necesitamos apoio institucional e tamén de hospitais e neurólogos para pasar á seguinte fase, que duraría uns tres anos e na que o medicamento sería probado por máis de 1500 pacientes,", subliñou.
n
nPola súa banda, Josep Ollé director da Área de Acción Social da Obra Social de La Caixa sinalou que o investimento total para levar a cabo os cinco proxectos presentados hoxe ascende a 1,1 millóns de euros, financiados en algo máis do 90% pola súa institución.
n
nVideoxogos
n
nUn dos proxectos que se está a levar a cabo é o desenvolvemento de videoxogos. Esta iniciativa, denominada Worthplay, está dirixida polo investigador José Angel Blat da Universidade Pompeu Fabra e ten como finalidade analizar o deseño, desenvolvemento e avaliación dun prototipo de xogos on line específicos para as persoas maiores. "Perséguese a creación de xogos de calidade que contribúan a un envellecemento activo, e a mellorar o benestar físico e psicosocial", segundo Blat.
n
nDurante 2012, o proxecto desenvolveu unha etnografía dos xogos en 170 persoas maiores con diferentes niveis de alfabetización dixital, e seguiu un código ético establecido polo consorcio internacional do proxecto.
n
nAdestramento cognitivo
n
nOutra das iniciativas postas en marcha polo CSIC e a Obra Social "A Caixa" é a aplicación de sistemas Brain Computer Interface (BCI) ao adestramento cognitivo e ao control domótico para previr os efectos do envellecemento. O investigador Roberto Hornero do grupo de Enxeñería Biomédica da Universidade de Valladolid propón o emprego de sistemas BCI, que traducen as intencións do usuario en comandos de control, como ferramenta de adestramento cognitivo. Na súa opinión, este método pode axudar a previr os efectos do envellecemento.
n
nTamén se formula o desenvolvemento unha aplicación BCI asistida que permita o control de dispositivos domóticos e electrónicos das vivendas. Empezáronse a realizar tarefas encamiñadas ao desenvolvemento da ferramenta de adestramento cognitivo empregando un sistema BCI baseado en ritmos sensoriomotores.
n
nRedistribución
n
n O terceiro dos proxectos, liderado pola investigadora da Universidade de Barcelona Concepció Patxot, analiza os efectos combinados na redistribución inter e intraxeneracional das pensións e a educación. O seu obxectivo é analizar os movementos de recursos que se dan entre os diferentes grupos de idade e determinar o papel que desempeñan empresarios, políticos e institucións no desenvolvemento de políticas sociais que benefician a anciáns e nenos.
n
nO estudo céntrase no sistema de pensións e a educación e revela un cambio respecto aos resultados observados en 2000, cando tivo lugar a primeira análise. Nese ano dábase unha clara predominancia das transferencias públicas sobre as privadas no caso dos dependentes maiores, mentres que no caso dos nenos acontecía exactamente o contrario. Actualmente, estase a contrastar a validez resultado e se é debido unicamente á redución do número de alumnos.
n
nCidadanía e participación
n
nTamén puxo en marcha un proxecto que sobre envellecemento activo, cidadanía e participación. O investigador da Universidade Autónoma de Barcelona Joan Subirats dirixe esta iniciativa que pretende reforzar a participación das persoas maiores no proceso de elaboración e execución de políticas. Para iso, ten en conta a heteroxeneidade e diversidade dese colectivo, dende a incorporación de prácticas significativas ao respecto e o uso das tecnoloxías de información e comunicación. Durante o ano 2012, o proxecto puxo en marcha e fóronse cubrindo as etapas previstas, polo demais habituais en todo proceso de investigación científica.
n
nDexeneración macular
n
nA quinta iniciativa céntrase no desenvolvemento de biomateriais para modular a inflamación producida pola dexeneración macular asociada á idade. Eva Chinarro Martín, investigadora do CSIC en Instituto de Cerámica e Vidro, propón desenvolver unha nova clase de biomateriais híbridos capaces de contrarrestar algúns dos procesos que contribúen ao envellecemento do tecido do ollo. Grazas a eles, lograrase paliar a dexeneración macular, causa principal de perda de visión entre as persoas maiores para a que actualmente non existe unha cura nin formulas de prevención.
n
n(Fonte: SINC)

n