A multinacional IBM abriu hai dous anos na súa filial de investigación de Zúrich (Suíza) un dos centros de nanotecnoloxía máis avanzados do mundo. Trátase do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center, no que a firma investiu uns 70 millóns de euros e onde se investigan novas estruturas e dispositivos a escala nanométrica para a informática do futuro. O centro conta con vangardistas salas acoirazadas contra calquera alteración exterior para poder levar a cabo os seus delicados experimentos.
n
n
nO ano pasado científicos do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center, unha das instalacións máis punteiras de nanotecnoloxía do mundo, situado no campus de IBM Research – Zúrich (Suíza), lograron diferenciar por primeira vez os enlaces químicos existentes en moléculas individuais usando un microscopio de forza atómica. No experimento participaron investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e os seus resultados publicáronse na revista Science.
n
nA técnica terá aplicacións para desenvolver dispositivos de grafeno e é un exemplo das investigacións que se levan a cabo neste centro, inaugurado en maio de 2011, que, segundo sinala a SINC Matthias Kaiserswerth, director e vicepresidente de IBM Research-Zúrich, se pode considerar "un experimento científico en si mesmo".
n
nO centro debe o seu nome a Gerd Binnig e Heinrich Rohrer, os dous científicos de IBM en Zúrich, que foron premiados co Nobel en 1986 por inventar o microscopio de efecto túnel, un dispositivo amplamente recoñecido por sentar as bases da investigación en nanotecnoloxía.
n
nBinnig and Rohrer Nanotechnology Center traballa en estreita colaboración con universidades como a Escola Politécnica Federal de Zúrich (ETH), centros de investigación europeos e empresas e, segundo Kaiserswerth, "posúe unha infraestrutura de vangarda para impulsar os avances en nanociencia".
n
nLaboratorios sen perturbacións
n
nA instalación conta cunha sala limpa de 950 metros cadrados e seis laboratorios coa última tecnoloxía de illamento fronte a calquera alteración externa, denominados noise-free labs. Estes laboratorios protexen aos experimentos de calquera perturbación como as vibracións mecánicas, os campos electromagnéticos, as flutuacións de temperatura e os ruídos acústicos.
n
n "A nanotecnoloxía manexa dispositivos moi delicados que poden alterarse doadamente debido a elementos externos, incluíndo as torres de telefonía móbil, o tráfico e os trens -explica Kaiserswerth-. Cando comezamos a concibir estes laboratorios, as institucións e as empresas coas que nos reunimos dixeron que, debido ás especificacións e á nosa proximidade con Zúrich, a misión ía resultar imposible".
n
nPero, segundo o directivo, agora que estes laboratorios 'libres de ruído'' están a pleno rendemento, "demostraron estar entre os mellores do mundo". De feito, engade "os provedores de equipos de nanotecnoloxía e os centros de investigación non paran de chamarnos para probar os seus dispositivos neles" subliña.
n
nAvance en fotónica
n
nO responsable de IBM Research-Zúrich explica que un dos máis recentes proxectos que aproveitou as instalacións do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center foi un levado a cabo en colaboración coa empresa Dow Corning.
n
n"Hai unhas semanas anunciamos xunto a Dow Corning un avance moi importante no ámbito da fotónica. Na sala limpa do noso centro probouse un novo tipo de polímero para transmitir luz en vez de sinais eléctricos no interior de superordenadores e centros de datos. Este novo material feito de silicona ofrece mellores propiedades físicas, incluíndo robustez e flexibilidade que as liñas de cobre e fano ideal para aplicacións en big data e o desenvolvemento de ordenadores exaescala, que serán capaces de realizar un trillón de cálculos por segundo,", subliña Matthias Kaiserswerth.
n
nDispositivos eficientes
n
nEn opinión deste directivo, a nanotecnoloxía vai provocar avances en múltiples áreas. Un dos focos das investigacións diríxese á creación dun novo tipo de transistor deseñado para evitar as fugas de enerxía. "Trátase de desenvolver os bloques de construción do futuro para lograr chips e sistemas informáticos máis rápidos e eficientes enerxeticamente", engade.
n
nNeste sentido, o centro está a traballar nun proxecto da Unión Europea chamado Steeper que aborda o constante crecemento do consumo de enerxía en dispositivos electrónicos, dende teléfonos móbiles, ordenadores portátiles e televisores ata supeordenadores.
n
nO obxectivo da iniciativa é aumentar por 10 a eficiencia enerxética destes dispositivos cando estean en activo e practicamente eliminar o consumo cando estean en modo pasivo ou en espera, segundo indican fontes da UE.
n
nO proxecto, en colaboración con universidades de Francia, Italia e Alemaña, segundo Kaiserswerth é un perfecto exemplo de que a mellor forma de innovar é mediante a colaboración aberta.
n
nElectrónica orgánica
n
nOutras áreas que están sendo explorados polos investigadores do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center inclúen sistemas nanoelectromecánicos, espintrónica, dispositivos electrónicos orgánicos baseados en carbono, integración tridimensional de chips de ordenador, comunicación óptica e nanofotónica.
n
nSegundo Kaiserswerth, os científicos do centro tamén están a investigar novos métodos para producir estruturas e dispositivos con dimensións duns poucos nanómetros, como nanolitografía con sonda de varrido e autoensamblaxe. O obxectivo é facer fronte aos futuros retos para a fabricación escala nanométrica.
n
nEn Zúrich dende 1956
n
nA filial de investigación europea de IBM Research en Zúrich cumpriu xa 57 anos e foi o primeiro laboratorio de investigación do xigante informático fóra de EEUU.
n
nO centro Binnig and Rohrer está incluído no departamento de ciencia e tecnoloxía. Pero na filial de investigación de Zúrich hai un total de cinco departamentos. Un deles, é o de ciencia computacional, no que se desenvolven dispositivos de seguridade para sistemas móbiles e para informática na nube.
n
nPrecisamente, en computación na nube, traballa o investigador español Luis Garcés-Encrespe, que leva oito anos con IBM en Zúrich. Segundo explica a SINC, no seu equipo están a desenvolver un sistema de cloud privado, que permita facer accesible os datos e aplicacións que estean aloxadas na nube nos ordenadores persoais dos usuarios.
n
nDesta forma, sinala, "poderán acceder ás vantaxes da computación na nube, pero dende o seu ordenador persoal e terán acceso á información, mesmo se están a viaxar ou traballando dende a súa casa e cando rematen poderán gardalo todo de novo na nube, con total seguridade".
n
nO produto está pensado para grandes empresas e para o sector bancario, de feito, o dispositivo de seguridade que se está a utilizar procede dun desenvolvemento de IBM para banca por internet.
n
nDeste servizo existen xa varias versións piloto que están sendo probadas por empresas, que permitirán a IBM introducir melloras.
n
nOutro campo no que se investiga na filial é en big data, ámbito no que traballa o matemático español César Berrospi. Este investigador leva xa unha década neste centro e agora está a traballar nun proxecto que utiliza a análise de datos masiva procedente de múltiples fontes, incluídas as redes sociais, para mellorar a canle de vendas da propia IBM. "Usamos á nosa compañía como coelliño de indias e cando o produto estea maduro, a corporación poderá integralo nos servizos que ofreza, sinala.
n
nIBM Research-Zúrich mantén colaboracións con institucións españolas como o Barcelona Supercomputing Center, Universidade Autónoma de Madrid e Universidade de Valencia.
n
n(Fonte: SINC)