Horizonte 2020 arranca cun investimento de máis de 70.000 millóns para I+D+i en sete anos

O príncipe de Asturias, acompañado pola comisaria europea de Investigación e Innovación, Máire Geoghegan-Quinn, e o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, inaugurou a VII Conferencia sobre Horizonte 2020. O acto serve de presentación oficial en España do próximo programa marco europeo de investigación e innovación, que empezará en 2014 e contará cun presuposto de máis de 70.000 millóns de euros para un período de sete anos no ámbito da Unión Europea (UE).

n
n

nHorizonte 2020, cun presuposto superior ao anterior -o VII Programa Marco (2007-2013) estaba dotado con 56.000 millóns de euros- e une por primeira vez as actividades de investigación e innovación nunha mesma iniciativa. Concentra os seus recursos en tres eixes: o impulso da Ciencia Excelente para consolidar a investigación de primeiro nivel mundial en Europa, o fomento do Liderado Industrial para facer da UE un lugar máis atractivo para o investimento en I+D+i, e un programa enfocado á busca de solucións aos grandes Retos Sociais.
n
nO príncipe de Asturias resaltou a importancia da I+D+i española e remarcou que os programas marco da UE "nos"permiten facer ciencia que doutro xeito sería inalcanzable, tanto por presuposto como por masa crítica e posibilidade de acceso a mercados e redes de contactos que poden ser moi útiles para investigacións futuras".
n
nA comisaria europea de Investigación e Innovación explicou que Horizonte 2020 "é o novo programa de investigación da UE, deseñado para ofrecer resultados que mellorarán a vida das persoas. Cun presuposto de máis de 70.000 millóns de euros durante sete anos, é o maior investimento en investigación e innovación da UE realizada ata a data. Por iso, lanzo unha chamada e propoño un reto aos investigadores e ás empresas españolas: que se informen sobre o programa, atopen os socios necesarios e participen".
n
nO ministro de Economía e Competitividade destacou que "a investigación e a innovación son piares esenciais do novo modelo de crecemento. Debemos conseguir un sistema sustentable, que a sociedade perciba que o esforzo realizado en investigación e innovación, tanto dende o ámbito público como dende o privado, contribúe de xeito claro a mellorar a calidade de vida e o benestar dos cidadáns". Ademais, afirmou que con Horizonte 2020 situaremos ao noso sistema de I+D+i entre os primeiros de Europa.
n
nParticipación española
n
nEspaña, que aliñou a súa Estratexia de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación coas iniciativas de Horizonte 2020, aspira a incrementar a súa taxa de retorno no programa europeo dende o 8,3% conseguido no VII PM ata o 9,5%. Entre os obxectivos centrais de España está tamén o de liderar polo menos un 10% dos proxectos colaborativos ou o de aumentar o número de beneficiarios nun 15%.
n
n(Fonte: FECYT)

n