A implantación de dous xigantes do sector aeronáutico como a brasileira Embraer en Portugal (en Évora) e a canadense Bombardier en Marrocos animou a oito empresas galegas do automóbil e a metalurxia, entre as que se atopa a empresa de Tecnópole Hispamoldes, a fundar unha nova firma aeronáutica para aproveitar esta oportunidade de negocio.
n
n
nUdega (Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica) investirá 10 millóns de euros co obxectivo de conseguir contratos nestes países e en España (Airbus) e coa previsión de xerar ata 150 postos de traballo en 2013 (os oito socios empregan 400 persoas).
n
nUdega non partirá de cero, xa que algúns dos seus accionistas realizan traballos no sector aeronáutico (para modelos como o a-350), e entre as oito empresas (Utingal, Hispamoldes, Matrigalsa, Tromosa, Tune Eureka, Laser Galicia, Europrecis e Demsu) atesouran máis de vinte e cinco anos de experiencia en sectores como a automoción, a metalurxia ou o naval, segundo explicou o seu presidente, Jesús González, durante a presentación da compañía na sede de Asime.
n
nGonzález (Utingal) argumentou que entre as vantaxes de Udega destaca que xunta as capacidades das empresas pero cuns mínimos investimentos, xa que dispoñen de maquinaria avanzada e as certificacións necesarias para traballar neste sector. A unión conta cun potencial de traballadores que ascende a 400 persoas (a maioría na bisbarra de Vigo), se ben ten a intención de xerar entre 100 e 150 empregos máis.
n
nGonzález asegurou que se están a manter contactos comerciais (nos que colabora Asime) para acceder a contratos con provedores de primeiro e segundo nivel (Tier 1 e Tier 2) e que algúns socios están a traballar dende hai tempo no sector aeronáutico. Ademais, destacou a proximidade das plantas de Embraer e Bombardier en Portugal e Marrocos para conseguir carga de traballo. "O futuro vémolo ben porque o sector está a abrir grandes proxectos", sinalou, tras o que engadiu que Udega está aberta á incorporación de máis empresas.
n
nFacturación
n
nAs previsións de facturación para o próximo ano son de 20 millóns de euros. Udega aspira non só a prover de ferramenta os provedores de segundo nivel, senón a fabricar pezas seriadas (que se ensamblan nos avións) para os Tier 1 (Aciturri, SK10, Aernnova, ITP, etc.), o que convertería á firma directamente nun Tier 2. Alcanzar esta categoría suporía un salto cualitativo para o sector en Galicia, xa que un contrato garante pedidos durante toda a vida serie do avión (entre dez e quince anos). Conseguilo dependerá da súa capacidade para ofertar pezas con tratamentos superficiais (homologados polos fabricantes de aeronaves).
n
nA constitución desta empresa é un paso máis cara á creación dun parque tecnolóxico orientado á industria aeronáutica como o de Aerópolis en Andalucía, que aglutina o 45% das compañías que subministran tecnoloxía e compoñentes aos construtores instalados en España. Udega prevé pechar os primeiros contratos antes de que finalice o presente exercicio.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)