Trátase dun robot totalmente automatizado creado polo inventor australiano Mark Pivac, fundador da empresa Fastbrick Robótica. “A xente estivo a amorear ladrillos dende hai case 6000 anos, e dende a revolución industrial tratouse de automatizar o seu proceso de colocación”, dixo Pivac ao Perth Now.
O robot ten unha de pluma 28 metros de longo que está conectada ao corpo principal. No seu extremo hai unha “man” robótica que pode agarrar ladrillos, recollelos e colocalos secuencialmente.
Un deseño 3D asistido por computadora (CAD) utilízase para determinar a forma da casa ou da estrutura requirida, e a partir deste o robot calcula entón onde cada ladrillo debe ser posicionado. O morteiro ou adhesivo tamén é levado a presión cara á man do brazo, a cal o aplica sobre os ladrillos, polo que non se require ningún elemento humano externo.
O robot ademais pode deixar espazos para o cableado e as canalizacións, mesmo detecta cando é necesario recortar un ladrillo para lograr unha forma específica. O proxecto, con dez anos de desenvolvemento e preto de 7 millóns de dólares investidos, é capaz de crear unha casa en tan só dous días.
A máquina comercializarase inicialmente en Australia Occidental, antes de expandirse ao resto do país e, en última instancia, en todo o mundo. O creador do robot sinalou que non ten “nada en contra os albaneis”, simplemente quere mellorar o proceso co que se constrúen as casas. Di ademais que o seu robot podería axudar a atraer os máis novos á profesión.
(Fonte: Innovaticias)