Haberá tres novas convocatorias da Business Factory Food, ata 2024

Ata o 30 de abril está aberto o prazo para participar na cuarta convocatoria, que este ano inviste 2,3 millóns de euros para acelerar e consolidar 12 proxectos. O vicepresidente económico, Francisco Conde, lembrou na clausura da III edición da aceleradora alimentaria Business Factory Food (BFFood) que Xunta e Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) comprométense a facelas.  

Entre os proxectos que participaron nesta terceira edición destacan un de produción de proteínas alternativas ou bebidas a partir da fermentación dos azucres do soro da queixería, sistemas de control do transporte de mercadorías perecedoiras ou a creación de tendas de conveniencia intelixentes.

Nas tres primeiras convocatorias esta aceleradora permitiu apoiar 26 iniciativas, das cales 13 son empresas de nova creación, que xeraron 87 empregos, un volume de negocio estes tres últimos anos de 3,4 millóns de euros e investimentos por 5,4 millóns. Clusaga é quen fai o maior labor de coordinación das empresas tractoras do sector agroalimentario e da cadea mar-industria, con apoio e asistencia aos proxectos participantes; xunto ao papel das tres universidades e centros tecnolóxicos como Anfaco-Cecopesca, Gradiant ou o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG); a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) e a Cámara de Comercio de Santiago.

Oficina técnica para a candidatura galega ao PERTE agroalimentario

O mesmo espírito construtivo que guía a Business Factory Food permitiu poñela en marcha ante o PERTE agroalimentario, que, segundo o Goberno central, vai convocar neste primeiro trimestre do ano. Lembramos que os  PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) son un novo instrumento de colaboración público-privada definida pola Real Decreto-Lei 36/2020 do 30 de decembro.

O labor, xa que logo, desta oficina é captar e promover proxectos do sector galego susceptibles de ser apoiados con fondos europeos Next Generation ou outras convocatorias. O obxectivo é mobilizar actores cadeas campo e mar-industria e ser observatorio doutras convocatorias nacionais e europeas, identificando oportunidades e definindo proxectos singulares.

Fonte: Código Cero