Grants4Apps Coworking, un programa de aceleración de startups sanitarias

A farmacéutica alemá Bayer creou Grants4Apps Coworking, un programa de aceleración de empresas enfocado ao ámbito da saúde en España. Concretamente, serán cinco startups as que poderán traballar nas oficinas de Bayer en Sant Joan Despí (Barcelona).

A iniciativa pretende atopar proxectos innovadores de e-saúde como dispositivos médicos, aplicacións ou ferramentas de software e hardware aplicables para a mellora dos procesos farmacéuticos.

Expertos do grupo alemán encargaranse de outubro a marzo de preparar os emprendedores, así como especialistas externos porán as startups en contacto con investidores e roldas de financiamento.

Grants4Apps Coworking estará principalmente dirixido ás áreas de cardiovascular, oncoloxía, oftalmoloxía, saúde da muller, saúde do home, neuroloxía, radioloxía, auto coidado (dermatoloxía, xestión da dor, suplementos vitamínicos), saúde animal e vida saudable.

Para Carlota Gómez, directora de comunicación de Bayer, a proposta supón “un enfoque totalmente novo e unha oportunidade única para fomentar aínda máis a cultura da innovación na nosa compañía”.

Pola súa parte, Jesús del Valle, que lidera Grants4Apps, asegura que “non hai límites” para a creatividade” e anima a “recibir todo tipo de proxectos”. Estes serán avaliados por un comité de Bayer que ditaminará cales son as startups preseleccionadas que terán que expoñer as súas propostas nas oficinas da compañía ante o tribunal que decidirá os cinco proxectos gañadores.

A cita é unha oportunidade para empresas en desenvolvemento, xa que non é necesario que estean a gañar diñeiro.

(Fonte: Bayer)