Grafeno e siliceno, os novos materiais da tecnoloxía

Un móbil que se dobra e se converte en reloxo ou unha tableta tan elástica como a goma. Así serán os aparatos do futuro grazas aos novos materiais que se cocen en laboratorios.

n
n

 

n

Segundo os investigadores, o grafeno, o siliceno (derivados do grafito e o silicio), os polímeros condutores ou determinados óxidos de metais revolucionarán a electrónica de consumo, ao permitir construír baterías flexibles, procesadores máis rápidos e pantallas transparentes máis finas que o papel. O belga Jan Genoe aposta por iso. "Nuns anos poderemos incluír microprocesadores de plástico e pantallas ata en paquetes de galletas. Collerás unha, apertarás un botón na caixa e saberás os seus ingredientes e calorías", asegura. Genoe dirixiu o equipo do instituto Imec de nanoelectrónica de Lovaina (Bélxica) que acaba de producir o primeiro microprocesador de plástico do mundo.

n

 

n

Ten unha pega: é 1000 veces máis lento que un chip de silicio, o material que hoxe alimenta as tripas de case calquera aparato. Pero compensa con dúas grandes vantaxes: "Pódese enrolar, é flexible e moi barato", di Genoe, quen cre que determinados polímeros orgánicos servirán para deseñar tabletas pregables en cinco anos. "Se a unha pantalla flexible deste material se lle engade nunha esquina un chip de silicio de tres milímetros cadrados, o problema de computación está solucionado".

n

 

n

Científicos da Universidade de Aalto (Finlandia) e Nagoya (Xapón) obtiveron procesadores de plástico e a baixo custo. Samsung, LG ou Toshiba, que compiten por crear pantallas flexibles e transparentes, están interesados na súa aplicación industrial. Samsung presentou a comezos de ano uns prototipos de pantallas Amoled flexibles, pero cun custo desorbitado.

n

 

n

Outro material de moda, o grafeno, podería rematar co problema. A súa obtención valeulles o Nobel de Física o ano pasado aos científicos Andre Geim e Konstantin Novoselov. En teoría, é o substituto perfecto do silicio: permite crear microprocesadores dun átomo de grosor, 500 veces máis pequenos que os de silicio e 10 veces máis rápidos, de gran resistencia (o grafeno é carbono en estado puro, o material máis resistente do planeta) e flexibles.

n

 

n

"É o único material que se pode estirar ata un 10% de forma reversible. É dicir, a diferenza dos plásticos, recupera a súa forma inicial", di Francisco Guinea, profesor investigador do Instituto de Ciencia dos Materiais. Guinea cre que nos dous próximos anos chegarán as primeiras pantallas comerciais fabricadas de grafeno, aínda que haberá que esperar cinco anos para velo en microelectrónica. IBM inténtao. Xunto co Departamento de Defensa de EE UU, presentou un chip de grafeno un 55% máis potente que unha versión anterior. De momento, é para aplicacións militares de identificación por radiofrecuencia (RFID).

n

 

n

"O problema, tanto en pantallas como en procesadores, é fabricar grafeno a escala industrial e a baixo custo,", explica Guinea. As pantallas táctiles actuais dos teléfonos intelixentes e tabletas prodúcense con óxido de indio e estaño, material escaso, caro e contaminante, polo que o grafeno ten as de gañar. Samsung produciu o ano pasado un prototipo de pantalla transparente e flexible a partir dunha lámina de grafeno de 63 centímetros de lonxitude.

n

 

n

A sorte dos gadgets de grafeno dependerá tamén doutro novo material rival: o siliceno. Investigadores do Instituto Xaponés de Ciencia e Tecnoloxía avanzada (JAIST) lograron recentemente desenvolver láminas de silicio dun átomo sobre un soporte de cerámica. É dicir, o mesmo grosor que o grafeno. Está por ver se as propiedades de condución eléctrica, dureza, transparencia e flexibilidade superan as do grafeno e, sobre todo, se será máis doado de obter a escala industrial.

n

 

n

Minerais de sangue

n

 

n

A industria da electrónica busca novos materiais non só polo afán de innovar, tamén obrigados polo dano que fan ao medio ambiente ou pola explotación humana que causa a actual extracción mineira. É o caso dos chamados minerais de sangue.

n

 

n

Apple e Intel, premidos polos activistas -e unha lexislación en marcha na súa contra-, decidiron non seguir utilizando os minerais de sangue na fabricación dos seus teléfonos móbiles e ordenadores portátiles. A partir dos próximos meses non levarán ouro nin coltán nin tungsteno nin tántalo nin estaño.

n

 

n

Estes minerais proveñen principalmente do Congo, onde a súa extracción se realiza en condicións infrahumanas, coa explotación dos mineiros. Ademais, financia as guerras tribais daquela zona. Unha razón máis para pasarse ao grafeno ou ao siliceno: salvar vidas.

n

 

n

(Fonte: El País)

n