O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) continúa a súa progresión ascendente tras case 5 anos de funcionamento. Proba disto é que pechou o ano 2012 cuns ingresos totais superiores aos 4 millóns de euros, un 28,10% máis que a media 2010-2011.
n
n
nDo total de ingresos, os derivados da actividade de I+D supoñen un 73%. Un dos principais obxectivos de Gradiant é a colaboración coa industria; neste sentido, o pasado ano foi moi positivo, xa que os ingresos por contratos con empresas ascenderon a máis de dous millóns de euros, un 35,52% máis que en 2011. Ademais, asináronse un total de 21 contratos.
n
nO pasado ano tamén trouxo para a entidade diferentes recoñecementos, xa que Gradiant conseguiu ser un dos centros tecnolóxicos de referencia en Galicia e consolidarse en España, grazas ás convocatorias Innpacto, Inncorpora e Innterconecta, co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e do Ministerio de Economía e Competitividade. Un caso de éxito é a convocatoria Innterconecta: das 23 propostas presentadas, financiáronse 9, e un total de 27 empresas depositaron a súa confianza en Gradiant para facer realidade os seus proxectos de innovación.
n
nO director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela Rey, destacou na súa intervención que o elevado impacto da actividade de Gradiant no avance da competitividade do tecido empresarial galego constitúe un retorno de gran valor do investimento público canalizado a través da Consellería de Economía e Industria, que suma un total de 8,7 millóns de euros dende a creación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.
n
nTal e como recordou Manuel Varela, a través de convenios por un total de 2,5 millóns de euros que se estenderon durante os tres primeiros anos de vida do centro, a Xunta de Galicia contribuíu á posta en marcha de Gradiant, que foi gañando autonomía financeira ano tras ano, dotándose de financiamento privado mediante a prestación de servizos e a participación en proxectos. Ademais, o centro conseguiu en concorrencia competitiva o apoio da Xunta de Galicia a preto dunha trintena de proxectos de innovación e iniciativas para mellorar a dotación de recursos tanto humanos como materiais do centro.
n
nO director da GAIN subliñou que 2012 foi o inicio de execución de nove proxectos con participación de Gradiant a cargo do programa Feder-Innterconecta, xestionado pola Axencia Galega de Innovación e o CDTI. Este fito supuxo un financiamento de 3,7 millóns de euros para o centro e, tal e como asegurou Varela Rey, converteuno no centro tecnolóxico galego coa participación máis intensiva en proxectos cofinanciados a cargo deste programa. O director da GAIN recordou que nestes momentos está aberta a convocatoria para a segunda edición do Innterconecta, que sen dúbida suporá de novo unha importante oportunidade para Gradiant.
n
nVarela recordou ademais que a Xunta porá en marcha de xeito inminente, entre outras medidas, os contratos-programa para a consolidación de centros de coñecemento, unha liña de actuación que garante o finaciamento necesario para que non só manteñan senón aumenten a súa competitividade.
n
nProxectos europeos
n
nPor outra banda, Gradiant segue o seu paso firme en Europa con 16 propostas de proxectos europeos presentadas durante 2012, algunhas xa avaliadas e outras pendentes de resolución. Ao VII Programa Marco (FP7) presentáronse 12 propostas, 4 delas lideradas pola organización. Recentemente, comezou a actividade dentro do proxecto europeo BATS, no que participan algunhas das empresas europeas máis importantes do sector das telecomunicacións, como Thales Alenia-Space, a Axencia Espacial Alemá DLR ou o Instituto Fraunhofer, e as empresas galegas R e Optare Solutions, que definirán o futuro da banda ancha en toda Europa. Por outra banda, o Centro prosegue a súa actividade dentro do proxecto europeo LIFTGATE, dotado con preto de 2,5 millóns de euros, en cuxo marco remataron a contratación de 6 investigadores postdoutorais expertos en varias liñas estratéxicas para Gradiant, o que supón unha aposta do centro pola captación de talento internacional.
n
nNeste ano 2012 iniciáronse varios proxectos destacados, como é o caso do proxecto Scape -cofinanciado pola Fundación Barrié- que se centra en solucións de privacidade de datos na nube, campo no que Gradiant goza de recoñecemento internacional; o proxecto Travelmovie, que permite gozar dun amplo abano de contidos audiovisuais nun dispositivo móbil en calquera medio de transporte, independentemente do número de usuarios conectados, e que supoñen unha nova forma de entender o entretemento mentres se viaxa, e LifeSeeker -comercializado pola empresa CENTUM-, un sistema de localización de persoas en situacións de urxencia.
n
nAsí o puxo de manifesto, o director xeral de Gradiant, Fernando Pérez, quen destacou que os bos resultados do exercicio se deben ao apoio das empresas e a Axencia Galega de Innovación e ao traballo realizado polo persoal do centro. Gradiant é xa o primeiro centro tecnolóxico galego en captación de financiamento do Sétimo Programa Marco e durante 2013 vaise intensificar a aposta pola consecución de fondos europeos, coa apertura dunha oficina en Holanda. Por outra banda, Pérez destacou o compromiso de Gradiant coa segunda edición da convocatoria Innterconecta, á que presentarán máis proxectos de alto impacto tecnolóxico.
n
n(Fonte: Gradiant)