n
n
A empresa californiana Google sentou ao volante do seu auto con piloto automático a un invidente co fin de probar o funcionamento do seu prototipo. A gravación titulada 'Self-Driving Car Test: Steve Mahan' mostra a viaxe de Steve Mahan, un home cunha discapacidade visual dun 95%, nun percorrido pola súa cidade a bordo dun Toyota Prius equipado con tecnoloxía de Google para autocondución.
n
n
n
n
n
n
"Estou moi por enriba do que se considera estar legalmente cego", comentou Mahan nas imaxes, nas que explica como a perda de visión lle impide facer cousas que antes podía facer e o papel que podería xogar un automóbil como o de Google no seu día a día.
n
n
"Isto daríame a independencia e a flexibilidade para ir a lugares onde teño que ir e quero ir cando necesite facer cousas", asegurou Mahan. No seu desprazamento fixo dúas paradas, unha no carril de acceso para vehículos dun establecemento de comida rápida onde fixo un pedido e tamén se detivo no aparcamento dunha lavandería para recoller roupa.
n
n
No vídeo vese como o volante xira só e o coche circula seguindo as normas de tráfico mentres que Mahan come tranquilo o que acaba de encargar. "Sen mans, sen pés,", comenta o invidente cos brazos en alto mentres o vehículo avanza.
n
n
O auto está equipado cun sistema de radares e láser para coñecer a súa situación e durante a proba o copiloto de Mahan usaba un ordenador portátil que estaba conectado ao vehículo.
n
n
Google explicou en YouTube que a condución con Steve Mahan se realizou nunha "ruta coidadosamente programada" e que a experiencia foi "un experimento técnico" que ofreceu "unha mirada prometedora sobre o que a tecnoloxía autónoma pode un día conseguir se se logra unha tecnoloxía rigorosa e se cumpre cos estándares de seguridade".
n
n
Google anunciou o seu proxecto de automóbil con condución automática en 2010 e creou un prototipo capaz de guiarse co uso dos seus mapas que foi probado ese ano con éxito en California.
n
n
O automóbil percorreu ese estado de EE.UU. de arriba abaixo e realizou máis de 225.000 quilómetros sen condutor ao volante, aínda que sempre baixo supervisión e en situacións de circulación propicias, segundo informou entón a empresa que non deu detalles sobre cando tivo lugar o experimento con Steve Mahan.
n
n
Google considera que os vehículos non tripulados poderían axudar a reducir os accidentes de tráfico e a realizar unha condución máis eficiente dende o punto de vista enerxético.
n
n
(Fonte: lainformacion.com)
n
n
n
n