Glovo, aplicación que conecta usuarios cunha flota de persoas que realizan calquera recado ou envío de forma áxil en áreas urbanas en menos de 60 minutos, gañou na categoría Retail. Na categoría Travel, Stay, plataforma que permite a relación en tempo real entre os hoteis e os seus hóspedes a través dunha experiencia móbil innovadora, conseguiu o galardón.
Fintonic, co seu sistema para xestionar as finanzas persoais gañou o premio na categoría Finance; mentres que Lazzus, app accesible para invidentes e discapacitados visuais que busca facilitar tanto a situación como atopar os servizos ou sitios de interese nunha cidade descoñecida, foi considerada a startup máis disruptiva.
En Google están convencidos de que os móbiles xeran oportunidades cada vez maiores. Proba diso é que o tráfico web dende teléfonos intelixentes se sitúa no 38 % en todo o mundo e nos últimos sete anos rexistráronse máis de 200 mil millóns de descargas acumuladas nas App Stores.
Amparándose en datos como que a penetración do móbil en España é do 81 % (dez puntos por enriba da media europea), Google identificou dende setembro a través do novo concurso as mellores ideas para xerar negocio no sector. Segundo a compañía, en 2017 haberá no mundo 4000 millóns de persoas conectadas a internet e a gran maioría delas elixirán o seu smartphone como vía de acceso, polo que “as empresas deben aproveitar as oportunidades que esta tendencia xera, e desenvolvedores e emprendedores poden atopar oportunidades de carreira”.
(Fonte: Innovaspain)