Google desenvolve unha pastilla para detectar cancro baseada na nanotecnoloxía

Google traballa na elaboración dunha pílula que contén nanopartículas capaces de viaxar polo fluxo sanguíneo e buscar células malignas. As partículas despois poden reportar as súas conclusións a un sensor que porte o usuario.

“As nanopartículas poderían ser inxeridas coa forma de comprimidos co fin de penetrar no sangue. Estas pastillas están deseñadas para localizar e fixar certo tipo de células, como as tumorais,”, explica a firma.

Isto permitirá “axudar aos médicos a detectar enfermidades dende os seus inicios”, subliñou a empresa, que evoca varias aplicacións potenciais como o diagnóstico de pacientes de cancro ou mesmo “unha proba para detectar encimas secretadas por placas arteriais no punto onde rompan e poidan provocar unha crise cardíaca ou un derramo cerebral”.

Google tamén estudará o potencial das nanopartículas para detectar células moi raras, como as tumorais en movemento, ou medir os cambios progresivos de elementos presentes no sangue, como o exceso de sodio.

(Fonte: Innovaticias)