Galiciencia 2012 estrea a súa páxina oficial en Facebook

n

n

A feira científica organizada por Tecnópole, Galiciencia, acaba de estrear a súa primeira páxina oficial en Facebook.

n

n

n

 

n

A cronoloxía da páxina será un diario de a bordo para a organización da maior feira científica de Galicia, que chega á súa sexta edición grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt).

nTodos os preparativos de Galiciencia iranse relatando puntualmente a través desta rede social mediante fotografías, vídeos e actualizacións de estado. Durante os tres días de celebración do evento, a páxina “retransmitirá” en directo o que ocorra na carpa da exposición de proxectos, nos talleres científicos e na redacción da revista oficial.

n

 

n