
Convidámoste a un evento único!
En Galicia Avanza, traballamos con empresas galegas que apostan pola internacionalización e pola comercialización da súa innovación. Agora, queremos reunir a todas as empresas que comparten esta visión nunha xornada única, chea de inspiración, conexións e oportunidades.
Reserva o día: 5 de marzo 2026 | Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)

Showroom das 30 empresas beneficiarias
Unha oportunidade excepcional para compartir novas perspectivas e logros acadados no ámbito da
internacionalización.

GALICIA GOT BUSINESS
Prepárate para unha experiencia inesquecible, con sorpresas, dinámicas interactivas
e momentos únicos que te inspirarán

Meetings 1to1
Conecta con outras empresas que están a percorrer o camiño cara a novos mercados internacionais.
Este evento será unha oportunidade excepcional para compartir avances, descubrir novas perspectivas e celebrar xuntos os logros acadados no ámbito da internacionalización.
Programa
Carpa Exterior
-
09:45 - 10:00 Rexistro (Hall edificio principal)
-
10:00 - 10:05 Benvida e presentación Andrea Alonso, condutora do evento. Formadora e comunicadora especializada en liderado, cultura organizativa e desenvolvemento de talento.
-
10:05 - 10:10 Apertura institucional Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE.
-
10:10 - 11:20 Empresas Galicia Avanza - 3 mesas redondas 3 mesas redondas con entrevistas grupais ás empresas Galicia Avanza 2025.
Modera: Isabel Álvarez. Directora xeral de DPI e titora do Programa.
Mesa 1 - A xestión da internacionalización como proceso: Pasar da idea a resultados.
Empresas participantes:Himikode | Algen Solutions | Perusiñas | Xorxios | Quesos Feijoo
Mesa 2 — O papel do equipo e do liderado no proceso de internacionalización
Empresas participantes: Borda y Más | Macrosistemas | Keybiological | Coinscrap | Artio Sport
Mesa 3 — O cliente internacional: A importancia de adaptar a nosa proposta de valor
Empresas participantes: Cova da Xabreira | Don Bernardino | Fachadas del Norte | Costumes Gastronómicas de Galicia | Adventus Plus
Salón de Actos
-
11:20 - 13:00 GALICIA GOT BUSINESS Dinámica-show de fomento do networking entre empresas.
Dinámica-show de fomento do networking pensado para que as empresas se convertan en talents e poidan amosar, en apenas uns minutos, aquilo que as fai únicas: o seu talento, a súa capacidade de innovar, a súa experiencia e a súa maneira de entender o negocio.
Contaremos cun xurado de primeiro nivel, cunha ampla traxectoria empresarial e industrial:
Fernando Jiménez, General Manager en Gradiant
Sandra Rodríguez, Experta en comunicación en Growcom
Anxo Vidal, Director Xeral de INCOTEC
Fernando Jiménez incorpórase a Gradiant en 2013 como General Manager co obxectivo de reforzar e impulsar a xestión empresarial do centro, incluíndo a orientación ao cliente, a organización interna, o desenvolvemento de negocio e a optimización de resultados. Desde entón, Gradiant experimentou un crecemento sostido en ingresos e persoal, acadando en 2025 os 17 millóns de euros de facturación, o que supón un incremento do 300% nos últimos 10 anos. Fernando é, ademais, coordinador das iniciativas empresariais do centro, que deron lugar a tres spinoffs, e dirixe TRL13, o novo fondo de investimento de Gradiant centrado en iniciativas empresariais deeptech e orientado á transferencia tecnolóxica.
Sandra Rodríguez, licenciada en Ciencias da Información pola USC, ten 25 anos de experiencia no ámbito da comunicación. Traballou no gabinete de comunicación de Presidencia da Xunta de Galicia, foi redactora no Diario de Pontevedra, exerceu como responsable do Programa de Sensibilización Social do primeiro Plan Galego de I+D+i, foi subdirectora da Axencia Galega de Noticias (AGN) e, en 2007, fundou Growcom SL, especializada na xeración de contidos multicanle sobre ciencia, innovación e economía. Dende Growcom, desenvolve proxectos audiovisuais e editoriais para empresas e entidades como a Axencia Galega de Innovación e outros organismos da Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia, o CSIC e as universidades galegas. Tamén foi profesora de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e en diversas ocasións presentou eventos e conduciu mesas redondas de temática científica e económica para a Xunta de Galicia, a Fundación Barrié, o Parque Tecnolóxico de Galicia, Xesgalicia e o centro de investigación Economics for Energy, entre outros.
Anxo Vidal, Apaixonado pola innovación, e todo aquelo que impulse o progreso — ciencia, tecnoloxía, cultura ou novas formas de facer as cousas. Leanadicto por vocación (aínda que non sempre practicante), son unha persoa cun perfil híbrido que combina visión estratéxica, capacidade de adaptación e experiencia real no terreo en diferentes áreas como a planificación comercial, operacións... e en diferentes sectores como o industrial ou tecnolóxico. Considérome un "tradutor" empresarial, que conecta, diferentes vontades, intereses e obxectivos, asumindo responsabilidades para elo. Este papel podo exercelo en diferentes ambitos grazas a experiencia e carácter adquirido durante a miña carreira que me da a confianza necesaria para afrontar calquera reto. Gústame axudar a persoas e empresas a crecer, sempre dende a escoita e a aprendizaxe compartida. Creo firmemente no talento como motor do cambio e do progreso, e traballo para que ese potencial se converta en resultados reais e sostibles que impacten no territorio e na sociedade.
Carpa Exterior
-
13:15 - 14:15 Empresas Galicia Avanza - 3 mesas redondas 3 mesas redondas con entrevistas grupais ás empresas Galicia Avanza 2025
Modera: Isabel Álvarez. Directora xeral de DPI e titora do Programa.
Mesa 4 — A marca como panca de entrada en novos mercados
Empresas participantes: Safetop | Autoxiro | Coosy | Bodegas Lodeiros | DAME APRES PARIS
Mesa 5 — ¿Como afrontamos os aspectos legáis ou administrativos do proceso de internacionalización?
Empresas participantes: Vanetta Food | Acemelia | AGP Traducciones | Insati
Mesa 6 — O que ninguén che conta sobre internacionalizarse
Empresas participantes: Fio de Martié | Tequisa | Resortes Galicia | Gómez y Crespo -
14:15 – 16:00 Xantar e meetings 1to1
Networking

Citas Networking
Prepararemos para ti un espazo exclusivo para facer networking. O día do evento, poderás ter reunións con calquera dos asistentes ao evento. Unha vez feita a inscrición recibiredes indicacións para descargar a aplicación do evento no teu móbil
Poderás propoñer reunións aos asistentes do teu interese. Tamén recibirás notificación de solicitudes de reunións e poderás aceptalas, rexeitalas, ou comunicarte por chat cos teus interlocutores/as.

Showroom de empresas
10:00 - 16:00 Showroom das empresas beneficiarias Galicia Avanza visita libre na carpa exterior





























