Galicia sitúase como referente internacional no desenvolvemento de ferramentas TIC de última xeración para a industria

Achegar á sociedade as novidosas actuacións que está a desenvolver o tecido industrial de Galicia no campo das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación foi o principal obxectivo do Showroom "Últimas tendencias en TIC con aplicación industrial" organizado hai uns días polo Centro de Excelencia de Vigo.

n
n

nDurante o encontro, celebrado nas instalacións de CITEXVI, representantes de diferentes empresas galegas, do Centro Tecnolóxico AIMEN, do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e da Universidade de Vigo, compartiron cos asistentes as novas posibilidades que ofrecen as TIC desenvolvidas na Comunidade á industria nacional e internacional.
n
nChips para identificar produtos, aplicacións para rastrexar a seguridade informática, solucións industriais baseadas en visión artificial, sistemas intelixentes para o sector do automóbil ou dispositivos de radio definida por software foron algúns dos proxectos presentados durante a actividade, na que participaron preto de medio centenar de persoas.
n
nOs expertos coincidiron en destacar que o aproveitamento das novas tecnoloxías é clave para o desenvolvemento empresarial e que unha xestión eficaz da información é básica para optimizar os produtos e os procesos.
n
nMicrochips para produtos interactivos
n
nO director de Tagtum, Manuel Montes, foi o encargado de abrir a xornada dando a coñecer un innovador sistema que permite verificar a autenticidade dun produto, rexistrar a súa titularidade e, mesmo, facilitar a súa recuperación en caso de perda ou roubo. Presentado como o sistema antifalsificación máis pequeno do mundo que utiliza tecnoloxía NFC, este microchip intelixente permite coñecer as calidades dun produto, unicamente coa aproximación dun smartphone que dispoña de NFC.
n
nTrátase dunha novidosa aplicación que dota aos obxectos da capacidade de comunicación e interactuación co usuario, ofrecéndolle contidos multimedia personalizados e permitíndolle realizar xestións relacionadas co produto a través do seu teléfono móbil (certificado de garantía, compra de repostos, consellos de uso, etc.).
n
nOptimización dos procesos industriais
n
nAdemais da súa aplicación no campo das telecomunicacións, o uso das TIC en diferentes sectores industriais como o de automoción, o téxtil ou o naval, multiplicouse nos últimos anos, ofrecendo numerosas posibilidades ás empresas que as utilizan para ser máis competitivas.
n
nManuel Álvarez, técnico do Centro Tecnolóxico AIMEN, compartiu cos asistentes as posibilidades que ofrece o uso da visión artificial para a optimización dos procesos. Un dos traballos presentados foi o Proxecto Vieira, un sistema baseado en visión 3D para analizar as características das vieiras e clasificalas.
n
nAsí mesmo, Francisco Sánchez, director de Electrónica, HMI e Sistemas ITS do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, analizou a evolución dos vehículos nos últimos anos e insistiu en que a electrónica é un vector fundamental para a innovación na industria do automóbil. Durante a súa presentación, deu a coñecer os proxectos nos que traballa CTAG para promover a condución automatizada e favorecer as comunicacións operativas entre vehículos e infraestruturas.
n
nPor outra banda, Andrés Tarascó de Tarlogic, afondou na necesidade de minimizar os riscos informáticos aos que están expostas as organizacións para evitar así o roubo de información e contribuír a unha xestión máis eficaz das TIC. En concreto, presentou un novo produto de análise de seguridade e monitorización de redes sen fíos que permite identificar as conexións destas características que existen a noso arredor e confirmar o nivel de seguridade de cada unha delas.
n
nPor último, Felipe Gil e Luis Sabucedo presentaron os traballos realizados por diferentes equipos da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para promover o uso da radio definida por software en lugares onde os móbiles non teñen cobertura ou fomentar o desenvolvemento de webs semánticas que permitan que calquera usuario en Internet poida atopar respostas ás súas preguntas de forma rápida e sinxela grazas a unha información mellor definida.
n
n(Fonte: Centro de Excelencia de Vigo)
n

n