Galicia Open Future elixiu Tecnópole para presentar en Ourense o reto industria 4.0 de Coren, aberto ata o 21 de novembro a propostas capaces, a través das novas tecnoloxías e a innovación, de realizar unha estimación predictiva sobre cando alcanzará cada animal o seu peso óptimo, así como a súa identificación inequívoca.
Mediante esta convocatoria, lánzase un chamamento a emprendedores, startup, pemes, universidades e centros tecnolóxicos animámoste a presentarte e sorprendernos para que presenten solucións disruptivas para a industria porcina baseadas en intelixencia e visión artificial, internet das cousas e big data.
As mellores ideas (ata 10 proxectos) poderán participar nunha viaxe de inmersión con Coren e o proxecto gañador desenvolverá un piloto real na empresa, sufragado por esta, ademais de recibir unha axuda de 20.000 euros por parte da Xunta de Galicia, así como acceder a un empréstito reembolsable de ata 100.000 euros.
(Fonte: Galicia Open Future)