Galicia exporta coñecemento en enxeñería a uns 30 países

Detrás do formigón tamén hai investigación e desenvolvemento. Galicia ten unha ampla bagaxe en coñecemento en enxeñería que, a raíz da crise, buscou novos mercados nos que ofrecer a ampla experiencia en I+D, elaboración e dirección de proxectos e supervisión de obras, un patrimonio técnico que se acumulou durante os anos dourados da obra pública en España, a grande eclosión nas infraestruturas que tivo lugar entre o 2000 e o 2009.

n
n

nEste período deu lugar en Galicia a un importante tecido de empresas de enxeñaría que teñen unha alta cualificación e que se atreveron a dar o paso cara á exportación. Un informe de Ageinco (Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría e Consultoría) destaca que das dezaoito empresas agrupadas neste colectivo sete xa deron o paso para saír ao exterior e están presentes en 30 países.
n
nNeste grupo de empresas hai unha pioneira, Typsa, que comezou a desenvolver proxectos internacionais nada menos que en 1975. No 2012, máis da metade do seu persoal estivo a traballar fóra de España e o negocio da exportación de enxeñería supuxo xa o ano pasado o 70% da carga de traballo. Este exercicio alcanzará o 90%.
n
nAgora ten nas súas mans proxectos de alto nivel, como o metro de Riad, en Arabia Saudí, ou a ampliación da rede ferroviaria dese país. Typsa especializouse nesta nación árabe, da mesma forma que GOC, por exemplo, atopou unha veta na rede de hospitais peruana. Latinoamérica e Asia son os destinos favoritos das empresas galegas de enxeñería. A presenza en América, ademais de Perú, repártese por Chile, case todos os países centroamericanos, México, Colombia, Bolivia e, por suposto, o Estado da zona que máis está a investir en infraestruturas: Brasil. Neste país o proxecto máis ambicioso é a ampliación da terminal do aeroporto de Sao Paulo. Pero tamén África é un mercado emerxente no que se refire a proxectos de estradas ou de ferrocarrís convencionais.
n
nEste proceso de internacionalización non está exento de dificultades pois, como explica Alfredo Domínguez, de GOC, «nalgúns países hai problemas coas validacións dos títulos dos enxeñeiros de Camiños», de aí que o apoio en persoal local sexa necesario. Andrés Soage, presidente de Ageinco, alerta dun efecto secundario dunha globalización do negocio que é polo xeral positiva. «O sector da enxeñería galega está maduro, despois duns anos de progresión. Pero é unha pena que os profesionais teñan que irse fóra, pois imos perder un coñecemento e unha experiencia no que investimos tempo e diñeiro. Alcanzar outra vez este tecido profesional requirirá tempo e diñeiro», asegura.
n
nÁ marxe do risco de perda de capital humano, o certo é que para algunhas destas empresas a actividade exterior é unha vía de compensación ante a escaseza de licitacións de obra pública en España. Para algunhas firmas, como Aquatica, especializada en enxeñería marítima, o mercado internacional xa supón entre o 20 e o 30% da facturación, con interesantes contratos en Maldivas ou en México, onde asume o proxecto dunha praia artificial. Cotecno tamén se move nunha porcentaxe do 25% no seu volume total de negocio, aínda que María Crecente cre que de momento estes mercados non son a «táboa de salvación» dunha empresa que concentra todo o seu negocio en Romanía con proxectos de parques eólicos e urbanizacións, ademais de numerosas tramitacións ambientais e urbanísticas.
n
nIceacsa empezou a exportar a súa enxeñería no 2010. Non obstante, o peso dos seus negocios internacionais alcanza actualmente o 80%. Ten 32 proxectos en marcha, repartidos por 12 países (principalmente no mercado natural español de Hispanoamérica), pero tamén no Reino Unido, Polonia, Romanía, Guinea ou Liberia. Son sobre todo infraestruturas viarias, hidráulicas e urbanísticas. Os países onde contan con máis contratos son Colombia, México e Panamá.
n
n(Fonte: La Voz de Galicia)

n