Galicia en Coworking organiza un evento de networking o 18 de xaneiro en Tecnópole

Galicia en Coworking organiza o próximo 18 de xaneiro un evento de networking en Tecnópole. Utilizando como base o modelo speed dating –citas rápidas–, o seu principal obxectivo é poñer en contacto aos participantes con outros profesionais. A inscrición é gratuíta e xa está aberta.

n
n

nO evento comezará con dous relatorios centrados no networking. O empresario de Tecnópole Javier Taibo, director xeral de Egatel, explicará que lles achega neste sentido formar parte do Parque Tecnolóxico de Galicia e expoñerá a súa experiencia en proxectos en colaboración. Pola súa banda, Esther Lojo, directora de Relacións Internacionais de Zarpamos, presentará a súa empresa como aceleradora de proxectos baseados en internet para emprendedores.
n
nPosteriormente, os participantes pasarán á fase de speed dating con até 15 reunións rápidas entre eles de sete minutos cada unha. Durante a fase de inscrición, os asistentes seleccionarán aos profesionais aos que lles interesa coñecer mediante a consulta dos seus perfís. Así, cada un deles levará a súa axenda configurada en base aos intereses cruzados de todos os participantes.
n
nGalicia en Coworking é unha organización que trata de favorecer o desenvolvemento de novas empresas e proxectos, mediante a cooperación de profesionais. Máis información e inscricións aquí.

n