O apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas de captación de recursos no eido da I+D+i ten impulsado dun xeito determinante a captación de fondos do VII Programa Cadro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Unión Europea (7PC), así como a capacidade axentes galegos para presentar propostas de I+D+i competitivas a nivel europeo, superaron con moito as expectativas formuladas a principios de 2007, en especial no que se refire ás empresas.
n
n
n
Deste xeito, co apoio do Goberno galego, as empresas, centros tecnolóxicos, universidades e demais centros de investigación galegos acadaron xa o obxectivo de obter 31 millóns de euros de captación de fondos procedentes deste instrumento de financiamento comunitario, establecido a comezos da sétima edición deste programa, con vixencia 2007-2013.
n
n
Neste sentido, cómpre destacar o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015 prevé intensificar o apoio aos axentes na captación de fondos europeos para I+D+i, tal e como recolle o Programa de Apoio ao Crecemento Empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial (ACE), dotado con 8 millóns de euros, actualmente aberto á recepción de propostas. De feito, unha das súas liñas contempla subvencións para a preparación de propostas de proxectos a presentar en convocatorias de I+D+i estatais e internacionais. Para as pemes estas axudas poderán acadar o 70% do custo subvencionable e para as grandes empresas o 60%.
n
n
A aposta da Xunta de Galicia neste eido ten acelerado o ritmo de captación de recursos e a falta de dous anos para que remate o período de execución do 7PC, Galicia conseguiu aumentar de maneira significativa a súa participación no principal instrumento europeo de financiamento da I+D, xa que o programa anterior (6PC) saldárase con 14,5 millóns de euros de retorno para os centros e empresas galegos, é dicir, menos da metade ca neste período.
n
n
Polo que respecta ao número de iniciativas aprobadas pola UE, as previsións formuladas polo Executivo galego a principios de 2007 establecían o reto total de actividades financiadas en 55 para 2013, cando a cifra real ascendía xa a 108 ao peche de 2010. En concreto, o 2010, foi un dos mellores exercicios con 30 actividades, e a captación de fondos, con 13,8 millóns de euros, triplicando cifras obtidas en anos anteriores.
n
n
Iniciativa privada
n
n
O 50% das actividades galegas financiadas até o final de 2010, con cargo ao 7PC correspondeulle ás universidades. O retorno obtido ascendeu a 12,3 millóns de euros, o que supón o 40,5% dos fondos totais captados.
n
n
Especialmente importante neste balance é o papel da empresa, tradicionalmente rezagada na súa participación nos Programas Cadro da UE pola complexidade dos requisitos. Só as actividades lideradas por empresas supoñen xa o 27% do total, cun financiamento comunitario de 5,9 millóns de euros, é dicir, o 20% do total dos fondos captados. Tendo en conta as actividades promovidas por asociacións, tamén consideradas no marco da iniciativa privada, a cantidade ascende a 7,1 millóns de euros, é dicir, o 23,7% do total.
n
n
Distribución por programas
n
n
O 7PC, dirixido a fortalecer a base científica e tecnolóxica da industria europea e incrementar a competitividade e importancia do Espazo Europeo de Investigación, articúlase en catro programas específicos.
n
n
O primeiro deles é o de Cooperación, destinado a apoiar a cooperación transnacional, fundamentalmente mediante proxectos en consorcio, dado que o seu obxectivo é estimular a colaboración entre industria, universidade e centros de investigación demostrando unha especial fortaleza en catro grandes áreas: Alimentación, Agricultura e Pesca, e Biotecnoloxía; Transporte; Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, e Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e Novos Procesos de Produción.
n
n
O segundo dos programas no que Galicia conseguiu un maior retorno foi o de Persoas, destinado a reforzar os recursos humanos apoiando a mobilidade e a formación dos investigadores e a cooperación a longo prazo entre o mundo académico e a industria.
n
n
O terceiro dos programas é o de Capacidades, deseñado para fortalecer as capacidades e infraestruturas de investigación e innovación en Europa, con grande importancia das actividades de investigación en beneficio das pemes, unha das sete liñas de acción previstas neste programa.
n
n
Por último, cómpre destacar o programa de Ideas, dirixido a potenciar a investigación básica, a creatividade e a excelencia, con especial atención aos campos científicos e tecnolóxicos emerxentes.
n
n
(Fonte: Consellería de Economía e Industria)
n
n
n