A alianza foi avanzada polo conselleiro de Industria, Francisco Conde, quen destacou que “o establecemento da RIS3 galaico-portuguesa permitirá que o Norte de Portugal e Galicia opten con moita máis forza aos fondos comunitarios, o que multiplicará a nosa capacidade de investimento, xa impulsada no caso de Galicia polos 1600 millóns de euros que mobilizará a nosa propia estratexia”.
Na elaboración da estratexia, que deberá estar lista no primeiro semestre do próximo ano, participarán axentes dos sistemas de innovación de ambos os dous territorios. A valorización dos recursos do mar para obter novos biocombustibles; a modernización do sector agrícola; o desenvolvemento de tecnoloxías para aproveitar a enerxía das ondas; o impulso a industrias estratéxicas como a téxtil a través do impulso de novos materiais ou a nanotecnoloxía son algunhas das áreas de acción conxunta das dúas rexións.
(Fonte: La Voz de Galicia)