Os días 1, 2 e 3 de outubro Santiago de Compostela converterase na capital peninsular da ciencia coa celebración da XI edición de ‘Ciencia en Acción’, o maior certame de divulgación científica e tecnolóxica de fala hispana e portuguesa.
n
nO IES Rosalía de Castro de Santiago, onde se presentou esta mañá o programa de actividades, será o primeiro centro de ensino que lle dará acollida a este evento, que se vén celebrando desde o ano 2000 en museos, parques científicos e outras instalacións como o Cosmocaixa. Segundo explicaron os organizadores, a celebración do Xacobeo foi determinante á hora de decidir o emprazamento de ‘Ciencia en Acción’ para este ano, cunha previsión de asistencia de 15.000 persoas.
n
nO instituto compostelán acollerá a exposición dos 112 proxectos seleccionados entre os 380 que se presentaron inicialmente. O concurso contempla 16 modalidades e un premio de 1.500 euros para o gañador en cada unha delas. Ademais, os equipos españois participantes competirán para representar ao país na final europea, que se celebra en Copenhague na primavera de 2011.
n
nOs proxectos presentados, procedentes de toda España, Portugal, Arxentina, Uruguay, Colombia e México, teñen como elemento central unha idea innovadora que presenta a ciencia e a tecnoloxía de xeito atractivo para a cidadanía e mostra a súa importancia para o progreso da sociedade e o benestar.
n
n‘Ciencia en Acción’ é un programa organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica de Portugal (Ciência Viva), a Real Sociedad Española de Física (RSEF), a Sociedad Geológica de España (SGE) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), co apoio da UNESCO, entre outros organismos. Nesta ocasión, o certame conta coa colaboración da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria e está patrocinado polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), que en novembro organizará a quinta edición da ‘Galiciencia’, a feira científica máis importante de Galicia.
n
nA exposición está dirixida a todo tipo de niveis educativos, con 18 traballos procedentes de colexios de Infantil e Primaria, 20 de fundacións e sociedades científicas e outros 20 de universidades. Os restantes foron realizados en institutos de Secundaria.
n
nPrograma
n
nO programa de ‘Ciencia en Acción’ ten como obxectivo aproximar a ciencia e a tecnoloxía ao gran público dunha forma dinámica e entretida. Ademais da exposición e concurso de proxectos, haberá representacións teatrais e unha gran experiencia ao aire libre que terá lugar na Alameda.
n
nEstudiantes, profesores, investigadores e divulgadores das comunidades científicas de fala española e portuguesa asistirán ao evento. Os organizadores do certame en Galicia puxéronse en contacto con todos os centros de investigación e de ensino galegos para animar a profesores e alumnos a participar nos concursos ou acudir como visitantes. A difusión completouse coa labor levada a cabo no resto de España, Portugal e outros países por parte da organización central.
n
nAdoptar unha estrela
n
nNo certame celebrarase tamén o concurso internacional ‘Adopta unha estrela’, no que poderán participar grupos de alumnos non universitarios coordinados por un profesor. O obxectivo é espertar e fomentar o interese dos máis novos polo mundo da Astronomía.
n
nO concurso ten dúas modalidades. Unha delas premiará ao mellor traballo de investigación sobre unha estrela ou calquera outro obxecto celeste. A outra distinguirá ao grupo que realice unha mellor labor de divulgación da astronomía a través de conferencias, observacións e exposicións.
n
- Home
- Actualidade
- Galicia acolle o maior certame de divulgación científica de fala hispana e portuguesa co patrocinio da Tecnópole
Galicia acolle o maior certame de divulgación científica de fala hispana e portuguesa co patrocinio da Tecnópole
- Venres 24 Setembro 2010