A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’, promovida por Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e pemes de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.
Nesta convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, seleccionaranse os seis mellores proxectos de emprendemento que pasarán a formar parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ e gozarán dun lugar de traballo no espazo ‘Vodafone Connecting for Good’ na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Os seis proxectos seleccionados poderán beneficiarse de formación durante a fase de academia, que terá unha duración de polo menos seis meses, e de mentoring, con asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto.
Ademais, contarán cun patrocinio de 2000 euros outorgado pola Axencia Galega de Innovación (Gain), para a posta en marcha do seu proxecto de emprendemento. Isto compleméntase cunha axuda para a formación e contratación dunha persoa con discapacidade que se incorpore ao equipo de traballo dos proxectos seleccionados.
Por outro lado, tamén poderán optar a unha axuda de 25.000 euros, outorgada por Gain, e un empréstito participativo de ata un máximo de 25.000 euros, outorgado a través de XesGalicia, ao seleccionado como mellor dos seis proxectos, para a súa execución e posta en marcha.
O proxecto que mellor incorporara os principios de accesibilidade universal recibirá o premio “Conectados pola Accesibilidade”, cunha dotación de 10.000 euros.
Para presentar a candidatura débese completar o formulario e envialo cuberto infofve@corp.vodafone.esa.
(Fonte: Fundación Vodafone)