A empresa de tecnoloxía para o aproveitamento das enerxías renovables Gaélica Solar presenta este mércores día 5 as súas novas patentes no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), no marco do ciclo “Os mércores de Tecnópole”. Ligada á exposición dos seus produtos e proxectos innovadores, o xerente da empresa, Manuel Eirín, fará pública a demanda de profesionais que Gaélica Solar experimenta nestes momentos para montar unha rede comercial capaz de darlles saída no mercado.
n
n
nEste ciclo, organizado pola Tecnópole para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas, permítelles ás empresas instaladas no seu recinto expoñer as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.
n
nGaélica Solar centrou o seu traballo ao longo dos últimos anos en desenvolver un catálogo de 30 produtos innovadores no eido das enerxías renovables e agora quere centrar os seus esforzos, ademais de na I+D, na montaxe dunha rede comercial que lles dea saída no mercado, para o que a empresa demanda a incorporación de profesionais con experiencia no sector.
n
nRecentemente, Gaélica Solar obtivo dúas patentes para produtos que queren comercializar ao longo deste ano. O primeiro deles é un secador solar para bañistas, que na súa fase piloto foi probado na praia de Silgar (Sanxenxo), e o outro é un eliminador de toupas ecolóxico (sen velenos nin aditivos).
n
nEirín tamén presentará os proxectos de innovación que se van desenvolver neste primeiro semestre de 2014 na empresa para dar lugar a novos produtos, como unha plataforma mareomotriz (para obter enerxía da forza das ondas do mar) e un deshidratador solar antioxidante de alimentos.
n
nPresenza internacional
n
nA pesar de que a empresa quere reforzar a presenza no mercado internacional grazas a unha rede comercial formal, as xestións realizadas ata o de agora neste ámbito xa lle valeron contratos en Brasil, Panamá e México. Neste último país, Gaélica Solar está a participar no proxecto renovable dun hotel na cidade de Querétaro, coa instalación dunha fachada fotovoltaica de autoconsumo e iluminación LED con alimentación solar en tempo real.
n
nAdemais, a iniciativa da empresa de Tecnópole foi creada a Asociación de Empresas de Servizos Enerxéticos de Galicia (ESESgal), presidida por Gaélica Solar.

A inscrición para asistir á sesión, totalmente gratuíta, pode formalizarse pincando aquí.
n