Gaélica Solar inaugura a súa factoría de equipos autónomos de enerxías renovables coa produción de catro deseños novos de farois LED

n

n

Gaélica Solar, empresa do sector das enerxías renovables situada en Tecnópole, iniciou a actividade na súa nova factoría coa produción de catro novas versións de farois LED, denominada polos seus creadores como "o mellor farol autónomo solar do mercado".

n


n

 

n

n

A fábrica de Gaélica Solar, construída sobre unha parcela do Parque Tecnolóxico de Galicia, dedicarase especificamente á produción de equipos autónomos de enerxías renovables.

n

 

n

A partir do modelo inicial bautizado co nome de 'Nigoi' desenvolvéronse catro versións que emiten luz provisionada polo seu teito policristalino de 20 vatios. A empresa destaca o captador, a batería de litio e o regulador de carga programable de última xeración cos que van dotados os farois. O sistema emisor está configurado por lámpadas LED de alto rendemento.

n

 

n

(Fonte: Gaélica Solar)

n

n

n

 

n