A Fundación Vodafone España convoca a “XII Edición dos seus Premios Vodafone á Innovación” co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC accesibles para mellorar a calidade de vida de grupos vulnerables.
A finalidade desta convocatoria é apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital.
Premio Accesibilidade TIC: outorgarase un premio a un proxecto tecnolóxico, desenvolvido en calquera soporte (app. web, plataforma…), dirixido á promoción da autonomía persoal e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
As solucións presentadas deberán ser de aplicabilidade a un ou a varios tipos de discapacidade (sensorial, cognitiva, física…), indistintamente.
Premio Solución social TIC: o premio recoñecerá ao proxecto que presente a mellor solución de amplo impacto social e para calquera ámbito, que non sexa elixible na categoría anterior.
Poderanse presentar proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma…). Terán que rematar a súa fase de definición e estar listos para comezar a súa fase de execución, ou comezala xa na data de entrega.
Premio á Traxectoria no uso das TIC: esta categoría supón un recoñecemento especial a persoas, entidades ou institucións públicas ou privadas que utilizasen a tecnoloxía en proxectos de grande impacto social. Os candidatos serán propostos exclusivamente pola Fundación Vodafone e/ou polo xurado.
Os premios están dotados con 15.000 cada un e unha escultura conmemorativa; e as dúas primeiras categorías, ademais, con presenza no Mobile Wold Congress 2019 e participación nos talleres de formación do CDTI.
A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España durante 2017 e ata a data da convocatoria. O prazo para a presentación de proxectos estará aberto ata o 13 de maio de 2018.
As Bases desta edición, o formulario para presentar candidaturas e as instrucións para facelo están dispoñibles en www.fundacionvodafone.es.
Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a súa viabilidade e a súa accesibilidade. A resolución do xurado notificarase antes do 30 de xuño de 2018.
(Fonte: Innovaspain)