Formato Verde pon en marcha un sistema pioneiro de xestión online de colectores soterrados

A empresa Formato Verde, con sede en Tecnópole, puxo en funcionamento unha proba piloto no concello madrileño de Colmenar Viejo. Trátase dun sistema pioneiro de xestión online de recollida de residuos urbanos, cuxo obxectivo será realizar unha recollida máis eficiente en tempo e custos.

n
n

 

n

Este sistema, desenvolvido integramente por Formato Verde e Addom, "consta de software, sensórica e outros compoñentes de hardware que permiten coñecer a porcentaxe de enchedura dos colectores en tempo real, e proceder así á súa recollida cando están cheos" apunta Dolores Pérez, xefa de vendas de Formato Verde. Á súa vez, este sistema permite integrar outros elementos do equipamento urbano como puntos de recollida de aceite, pilonas automáticas ou mesmo os semáforos.

n

 

n

Esta tecnoloxía, proxecto piloto durante un ano sen custo para o concello, tamén facilita información a distancia para os labores de mantemento e, mesmo, pode chegar a detectar malos hábitos dos cidadáns. "Esta tecnoloxía, aplicada a toda unha cidade, permitirá reducir os custos na recollida de residuos, así como mellorar o servizo substancialmente, xa que se poderá atender calquera incidencia nun tempo marca" resalta Dolores Pérez.

n

 

n

Tarxeta identificativa de usuarios

n

 

n

A illa de colectores soterrados que entrou en funcionamento consta de tres colectores para lixo, outro para envases e un máis de vidro. No caso do colector de vidro inclúese para a súa utilización un lector de tarxetas identificativas persoais, que desbloqueará a porta traseira de gran capacidade para dar servizo a bares e restaurantes. O uso con tarxeta achega máis seguridade ao servizo xa que só o usuario que conte con este dispositivo poderá acceder aos colectores pola porta traseira. Isto supón minimizar o risco de accidentes, rexistrar hábitos de uso e coñecer o nivel de reciclado que realizan os usuarios.

n

 

n

"É moi importante mellorar a separación e calidade dos materiais recuperados" apunta Dolores Pérez. "Se melloramos os sistemas de recollida selectiva de residuos, conseguiremos converter o lixo en auténticos depósitos de materiais recuperables, e reincorporables a novos ciclos de fabricación. Así evitaremos, nalgunha medida, a dependencia dos mercados de materias primas e contribuiremos a reducir a explotación de fontes enerxéticas". "Por outro lado, nun futuro próximo, ábrese a posibilidade de axustar o custo de servizo de recollida a uso que o cidadán realiza ".

n

 

n

A xeración media de residuos en España ascende a 1,5 kg por habitante ao día, reciclándose unicamente o 15% dos residuos que se xeran. A colaboración cidadá na clasificación do lixo en orixe (fogares, restaurantes…) permite o aforro de recursos e a redución dos custos, contribuíndo así á sustentabilidade do medio ambiente.

n

 

n

Experiencia nos Emiratos Árabes

n

 

n

Formato Verde está a implantar esta tecnoloxía na capital dos Emiratos Árabes, Abu Dhabi, onde o lixo se amontoaba na rúa en grandes cantidades, a pesar de que a recollida se realizaba 3 veces ao día. Abu Dhabi ten unha poboación de 1.850.000 habitantes que xeran 2,2 kg por habitante e día.

n

 

n

A implantación desta tecnoloxía -unida a un sistema que compacta os residuos- permitiu que nalgúns puntos a recollida de lixo se reduza a unha vez por semana.

n

 

n

(Fonte: construible.es)

n