Fondos privados e públicos buscan proxectos bio para investir na xornada que se celebrará en Tecnópole

n

n

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove e organiza, coa colaboración do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Tecnópole, a III edición da Lonxa de Financiamento Bio, que terá lugar o próximo 9 de outubro no Parque Tecnolóxico de Galicia.

n

n
nO Bio Investor Day, como foi denominado, continúa a liña de apoio da Xunta de Galicia ao emprendemento galego e ao sector biotecnolóxico. O evento contará coa participación de oito entidades de investimento. A Xunta de Galicia lidera a iniciativa, na que participarán os fondos autonómicos Unirisco/Uninvest e XesGalicia. Tamén no ámbito público pero a nivel nacional, a Lonxa contará coa representación do CDTI. Pola parte privada, o apoio financeiro concentrarase en CRD Inverbio, PrincipiaTech e SuanFarma Biotech (españois), e Kerentech e One to One (estranxeiros).
n
nEmprendedores, investigadores e persoal directivo de empresas biotecnolóxicas galegas interesadas na posta en marcha dun proxecto ou en conseguir consolidarse no mercado presentaron as súas solicitudes de participación durante o mes de setembro. Entre todas as ideas de proxecto recibidas seleccionaronse as quince con maior potencial, que foron convidadas a participar na Lonxa de financiamento.
n
nEntre as novidades desta edición inclúese para os quince proxectos seleccionados a posibilidade de participar nunha sesión preparatoria da Lonxa na que terán a oportunidade de practicar e formarse en habilidades comunicativas e, ademais, terán á súa disposición unha titoría individualizada con expertos para profundar sobre a súa idea de negocio.
n
nA xornada será inaugurada polo director da GAIN, Manuel Varela, e pola directora xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública, Sonia Martínez Arca, e, ademais de acoller as roldas de presentación dos proxectos, completarase con dous relatorios: “Instrumentos do CDTI para o financiamento de proxectos de I+D”, a cargo de M.ª Pilar Sanz, do Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais da Dirección de Promoción e Cooperación do CDTI, e “Transferencia de tecnoloxía e fomento do emprendimiento biotecnolóxico en Israel”, por parte de Esther Moscatel, socia de Kerentech.
n
nA mañá finalizará cunha mesa redonda entre os fondos participantes sobre o “Ecosistema para o financiamento de proxectos bio”. Tras unha comida networking, terán lugar encontros bilaterais privados entre os fondos e as empresas interesadas.

n

 

n