A grande achega deste invento é que é 100% biodegradable, polo que non afecta á flora e fauna do territorio mentres que outros produtos teñen unha base feita de polifosfato amónico, que é unha substancia tóxica tanto para as persoas como para a vexetación e os animais.
Este innovador achado xurdiu dunha idea que tivo o científico e químico José Roberto Do Carmo. O investigador traballaba nunha empresa con ordenadores en Brasil e, segundo comenta Outerelo, “Do Carmo dicía que varias CPUs da compañía chegaban a temperaturas tan altas polo uso que acababan queimándose e que debía existir algún produto que evitara ese tipo de cousas. Empezou a investigar e deu co segredo”, que terminou convertido en pos para logo pasar a ser un líquido que se mestura en auga para “aplicar en calquera superficie» e de todas as «maneiras posibles nas que se poida aplicar auga”, expón Outerelo.
O invento empezouse a comercializar en España no ano 2014 para previr incendios forestais sobre todo en xullo e agosto, épocas nas que Outerelo aconsella aplicar o produto. Fire Limit ten unha eficacia de 15 días de duración, polo que cada dúas semanas é “recomendable” aplicar a substancia, polo menos nestes dous meses. “O custo de reforestación sería moi superior ao prezo que se pagaría pola protección dos bosques”, comentaba Outerelo.
A substancia véndese por litros ás empresas e mestúrase con auga para aplicar en calquera superficie. O gasto de substancia por cada litro é moi pequeno xa que, segundo afirma Outerelo, “ata co 3% do líquido en auga conseguiuse parar o lume aínda que a efectividade é de retardante, non de bloqueo. Non obstante, a partir do 6% de líquido mesturado con auga xa sería de bloqueo”.
(Fonte: Axencias)