Fidextrack prepara a súa saída ao mercado dende a preincubadora de Tecnópole

Cun mercado e un consumo interno en crise, a supervivencia e o negocio de moitas empresas galegas e españolas está a ser a exportación dos seus produtos e servizos. Non obstante, non todas teñen os coñecementos e as capacidades para embarcarse nesta saída ao estranxeiro con garantías. Para axudar ás pequenas e medianas empresas a realizar e a xestionar as súas exportacións de acordo coa lexislación vixente, José Enrique Teijeiro, avogado e estudante de Historia, traballa dende a preincubadora de Tecnópole e a Universidade de Vigo na posta a punto do seu proxecto empresarial Fidextrack.

n
n

n"O obxectivo da nosa empresa será informar, asesorar, auditar, formar, xestionar e tramitar os manuais e procedementos necesarios para que as empresas poidan exportar cumprindo a lexislación tributaria, a de tratamento e protección de datos e a do Banco de España en materia de comercio exterior, entre outras cousas. Trátase de axudalos a obter a certificación das súas transaccións no estranxeiro", apunta o emprendedor.
n
nSegundo indica, cada día son máis os procedementos de oficio que a Axencia Tributaria inicia contra as empresas por supostas fraudes relacionados co pagamento de impostos como o IVE ou o de Sociedades nas exportacións. O descoñecemento dos deberes deste tipo e as dificultades das pemes para asumir os custos habituais deste tipo de servizos, destaca, pode traer consigo sancións que Fidextrack quere axudar a evitar.
n
nXestión con novas tecnoloxías
n
nA idea de Teijeiro, que foi unha das tres seleccionadas para estrear este curso a preincubadora, xurdiu, tal e como comenta, ao detectar a través dos medios de comunicación e por experiencias persoais próximas, a necesidade por parte de pequenas empresas deste tipo de servizos pero a uns custos e cunhas metodoloxías accesibles.
n
nAdemais, Fidextrack permite ao seu promotor aproveitar tanto a súa formación en Dereito como en Historia, ao abranguer este proxecto de xeito especial a arquivística e a documentación. "O que queremos é ofrecer un modelo de xestión empresarial de calidade e seguridade no manexo de datos de comercio exterior, de maneira que mediante o uso das novas tecnoloxías, as empresas que dispoñen de recursos económicos limitados poidan establecer unha organización administrativa para a exportación a baixo custo,", comenta José Enrique Teijeiro.
n
nDende o seu niño no Parque Tecnolóxico de Galicia, Fidextrack traballa agora na creación dunha ferramenta on line externa de auditoría e certificación de comercio exterior para o cumprimento da normativa sectorial en materia de prevención do branqueo de capitais e de deberes tributarios. Desenvolvida coa participación dun contable e dun informático, esta plataforma integrada de certificación de comercio exterior estará baseada en dous elementos fundamentais e interrelacionados entre si, como son unha base de datos "na nube", onde se recollerá toda a información contable da empresa relacionada coas súas transaccións exteriores, e un sistema de seguimento de mercadoría baseado nun XPS/microservidor integrado combinado con etiquetas RFID para a certificación en tempo real do posicionamento da mercadoría en tránsito no exterior. "A Nosa intención é, ademais de dar servizos de asesoramento, auditoría e demais, ofrecerlles aos clientes unha ferramenta realmente útil e práctica para o seu traballo diario", afirmaTeijeiro.
n
nDesexando cumprir as previsións do proxecto e agradecendo especialmente o apoio da Universidade de Vigo e de Tecnopole nestes inicios, o promotor da iniciativa espera que Fidextrack se converta nunha realidade os próximos meses. "Estamos moi satisfeitos por como se está a desenvolver o proxecto. Estamos a aprender moitísimo e a experiencia está a resultar moi frutífera, xa viñamos mentalizados de que ía supoñer e polo tanto levamos ben o sempre difícil papel de emprender. O proxecto está agora na súa fase intermedia, desenvolvendo a ferramenta web, e esperamos que todo vaia ben para convertelo nunha realidade o antes posible", apunta o seu promotor.
n
n(Fonte: DUVI)

n