Os primeiros 30.000 teléfonos móbiles que incorporan este material, presente nas súas pantallas, baterías e sistemas de alimentación, comezaron a comercializarse a semana pasada na cidade central chinesa de Chongqing, a beira do río Yangtsé.
Segundo os responsables das firmas, o grafeno, un derivado do carbono cun átomo de espesor e que se considera cen veces máis duro que o aceiro, axudará a facer as pantallas máis sensibles ao tacto e ao mesmo tempo prolongarán un 50% a vida das baterías.
Os dispositivos véndense a 2499 yuanes (uns 400 dólares), utilizan o sistema operativo Android e a integración do grafeno na súa construción conseguiuse en colaboración con investigadores da Academia de Ciencias de China, o máximo órgano gobernamental de innovación e desenvolvemento.
O grafeno descubriuse en 2004 e a súa aplicación industrial está sendo investigada por científicos de todo o mundo, aínda que China é un dos países líderes nestes estudos.
(Fonte: Innovaticias)