O Centro de Excelencia de Vigo celebrou o pasado venres o foro "A intelixencia competitiva. Un piar fundamental para a innovación empresarial", cuxo obxectivo principal foi dar a coñecer ás pemes galegas unha nova forma de pensar e actuar baseada na vixilancia tecnolóxica e a intelixencia competitiva.
n
n
nExpertos nesta materia como Sergio Larreina, director de Intelixencia Competitiva de PONS Patentes e Marcas; Paula Iglesias, coordinadora da Unidade de Vixilancia Tecnolóxica do Centro Tecnolóxico AIMEN; e Pablo López, membro da Xunta Directiva da Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva de Galicia (ASPICGA); presentaron, ante máis dun centenar de persoas, as vantaxes que ofrece a aplicación destes innovadores procesos á hora de tomar decisións empresariais, xa que permiten analizar e interpretar a información da que se dispón para convertela en coñecemento.
n
nOs tres relatores coincidiron en destacar que a presión competitiva global, o peso da innovación e a tecnoloxía, e os continuos cambios que se producen nos mercados provocan que o éxito ou o fracaso dun proxecto ou produto poida depender, en boa medida, do coñecemento previo que se dispoña da oferta do sector, dos clientes e da competencia; e resaltaron na importancia de realizar un seguimento continuo destes factores, para actualizar esta información permanentemente.
n
nAplicacións empresariais
n
nAdemais de analizar que é a intelixencia competitiva e para que serve, os participantes na xornada puideron coñecer diferentes exemplos de compañías galegas que aplican con éxito sistemas de vixilancia competitiva na súa estratexia empresarial.
n
nCarlos Groba, responsable TIC de Mariñar Instruments, explicou como a implantación deste sistema lles permitiu coñecer as necesidades dos seus clientes e desenvolver produtos que respondesen a estas; e insistiu en que a análise en profundidade dos factores que determinan o triunfo dun produto antes de sacalo ao mercado, pode minimizar os riscos e garantir a viabilidade dun proxecto.
n
nNicolás Troncoso, R&D Manager de Vasco Galega, compartiu o sistema desenvolvido pola consignataria para coñecer que están a facer as empresas considerados best in class dentro do seu sector. Apuntou que a vixilancia competitiva facilita a Vasco Gallega coñecer os puntos fortes dos seus principais competidores e desenvolver proxectos que os fagan competir, de igual a igual, nun mercado global.
n
nPor último, Pablo Buyo, responsable de produción de Galopín Parques, relatou como o sistema de vixilancia competitiva os fixo diferenciarse da competencia chegando a deseñar produtos máis atractivos empregando materiais e sistemas que se utilizan con éxito noutros sectores industriais.
n
nAo termo da xornada, os expertos ofreceron consultoría personalizada aos directivos interesados en resolver as súas dúbidas sobre a implantación de sistemas de vixilancia competitiva nas súas empresas.
n
nCentro de Excelencia de Vigo
n
nO Centro de Excelencia de Vigo é un centro de alto rendemento en creatividade aplicada á innovación, que se dedica ao desenvolvemento das capacidades innovadoras das empresas e organizacións empresariais, facilitándolles a posta en marcha de proxectos innovadores, contribuíndo a dinamizar a súa actividade empresarial e a mellorar os seus procesos de xestión.
n
n(Fonte: CdE)