O alumnado de Aulas Tecnópole participou, como xa é habitual, na feira científica Exporecerca Jove de Barcelona, a máis importante deste eido no ámbito nacional. Nesta edición acudiron tres equipos: Iria Fernández e Irene López levaron o seu proxecto Mindcar, un coche movido pola mente; Roque López e Irene Día presentáronse co seu proxecto de fabricación dun biorreactor para o cultivo de espirulina; e Antía Ollero e Juan Martín Taboada levaban o seu estudo da física da porta da catedral de Ourense.
Roque e Irene Día resultaron finalmente gañadores de dous premios, o que lles vai permitir participar na Feria de la Ciencia de Cádiz, que se vai celebrar entre o 25 e o 27 de maio. Ademais, o seu traballo vaise publicar na revista Journal4Youth.
Así mesmo, as gañadoras de Galiciencia 2022, Carla García e Noa Caride, do CPR Eduardo Pondal de Cangas, levaron a Exporecerca o seu proxecto de cosmética natural. Investigaron e desenvolveron distintas receitas de uso tradicional para facer produtos de coidado persoal, empregando plantas e materiais respectuosos co medio.
Fonte: Tecnópole