n
n
n
nA inscrición é gratuíta e pode realizarse a través dun formulario dispoñible na web da empresa, que organiza a presentación en calidade de partner oficial de Microsoft.
n
nSegundo fontes de Excelia, a nova ferramenta de xestión de Microsoft permite mellorar os procesos de negocio, reducir custos operacionais, incrementar a eficacia dos empregados e mellorar a fidelización dos clientes.
n
nA solución, ademais, abre un mundo de posibilidades aos responsables da empresa en aspectos clave para mellorar a boa marcha dos seus negocios: o control de custos e a opción de traballar na nube.
n
nA presentación comezará ás 9.30 e, ademais dunha exposición en profundidade da ferramenta, incluirá unha demo e unha quenda de consultas e preguntas. A hora prevista de finalización son as 11.15.
n
n