Excelia e Bodegas Martín Códax poñen os seus coñecementos sobre estratexia ao servizo dos empresarios de Tecnópole

O próximo venres 26 de abril celebrarase en Tecnópole unha xornada sobre estratexia empresarial baixo o título "¿Como transformar o teu modelo de negocio?", na que intervirán representantes de Excelia e Bodegas Martín Códax.

n
n

nA sesión está enfocada a directores xerais, directores financeiros, directores de estratexia e directores de organización con interese en mellorar a xestión estratéxica das súas empresas fronte ás condicións cambiantes do mercado actual.
n
nDurante o evento, que desenvolverá en dúas horas un amplo programa, exporase como introducir a estratexia na empresa e daranse as claves ao equipo de dirección para definir as liñas mestras que guíen a súa organización a curto prazo.
n
nOs relatores explicarán como incrementar as capacidades do equipo de dirección mediante a aplicación de metodoloxías que convertan a definición estratéxica en algo tanxible e realizable. Ademais, analizarán o contorno ao que se vai enfrontar o directivo nos próximos anos e exporán como planificar as accións que se poden realizar dende un punto de vista global, tendo en conta todas as áreas funcionais da empresa. Por último, darán pautas para controlar a evolución dos resultados aplicando melloras aos sistemas de control de xestión.
n
nA filosofía na que se basea este encontro céntrase en que a empresa dispón de todo o coñecemento na parte de negocio, pero ha de ser capaz de transformar ese coñecemento en resultados, para o cal é necesario abandonar modelos de xestión históricos e buscar alternativas que fagan sustentable a compañía e que estean aliñadas coas súas necesidades.
n
nCaso de éxito
n
nComo exemplo dunha estratexia ben empregada e de como os seus resultados avalan a súa aplicación, exporase a experiencia de Bodegas Martín Códax e a súa evolución nos últimos anos.
n
nOs relatores serán Vicente Sorlí, socio director de Excelia -empresa con sede en Tecnópole- e Juan Vázquez, director xeral de Bodegas Martín Códax.
n
nPara asistir é necesaria inscrición previa aquí.
n
nSobre os relatores
n
nVicente Sorlí é director do programa EXECUTIVE MBA na Universidade Europea de Madrid, ademais de socio director de Excelia. Participou como conferenciante en numerosos eventos sobre tecnoloxía e estratexia empresarial e desempeñou cargos de dirección en diferentes empresas españolas.
n
nJuan Vázquez é socio de Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega e patrón do Observatorio Español do Mercado do Viño. Tamén é presidente da Comisión de Mercados e Internacionalización do Clúster Alimentario de Galicia e profesor de Mercadotecnia e Dirección Estratéxica en diversos Máster e cursos de postgrao.
n
n(Fonte: Excelia)

n