Excelia e Adegas Martín Códax poñen os seus coñecementos sobre estratexia empresarial ao servizo dos empresarios de Tecnópole

O vindeiro venres 26 de abril celebrarase en Tecnópole unha xornada sobre estratexia empresarial baixo o título "Como transformar o teu modelo de negocio?", na que intervirán representantes de Excelia e Adegas Martín Códax.

n
n

nA sesión está enfocada a directores xerais, directores financeiros, directores de estratexia e directores de organización con interese en mellorar a xestión estratéxica das súas empresas fronte ás condicións cambiantes do mercado actual.
n
nDurante o evento, que desenvolverá en dúas horas un amplo programa, expoñerase como introducir a estratexia na empresa e daranse as claves ao equipo de dirección para definir as liñas mestras que guíen á súa organización a curto prazo.   
n
nOs relatores explicarán como incrementar as capacidades do equipo de dirección mediante a aplicación de metodoloxías que convirtan a definición estratéxica en algo tanxible e realizable. Ademais, analizarán a contorna á que se vai a enfrontar o directivo nos próximos anos e exporán como planificar as accións que se poden realizar desde un punto de vista global, tendo en conta todas as áreas funcionais da empresa. Por último, darán pautas para controlar a evolución dos resultados aplicando melloras aos sistemas de control de xestión.
n
nA filosofía na que se basea este encontro céntrase en que a empresa dispón de todo o coñecemento na parte de negocio, pero ten que ser capaz de transformar ese coñecemento en resultados, para o que é necesario abandonar modelos de xestión históricos e buscar alternativas que fagan sustentable a compañía e que estean aliñadas coas súas necesidades.
n
nCaso de éxito
n
nComo exemplo dunha estratexia ben empregada e de como os resultados da mesma avalan a súa aplicación, exporase a experiencia de Adegas Martín Códax e a súa evolución nos últimos anos.
n
nOs relatores serán Vicente Sorlí, socio director de Excelia –empresa con sede en Tecnópole– e Juan Vázquez, director xeral de Adegas Martín Códax.
n
nPara asistir é necesaria inscrición previa picando aquí.
n
nSobre os relatores
n
nVicente Sorlí é director do programa EXECUTIVE MBA na Universidade Europea de Madrid, ademais de socio director de Excelia. Participou como conferenciante en numerosos eventos sobre tecnoloxía e estratexia empresarial e desempeñou cargos de dirección en diferentes empresas españolas.
n
nJuan Vázquez é socio de Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega e patrón do Observatorio Español do Mercado do Viño. Tamén é presidente da Comisión de Mercados e Internacionalización do Clúster Alimentario de Galicia e profesor de Mercadotecnia e Dirección Estratéxica en diversos Máster e cursos de posgrao.
n

n