O proxecto “Estudo da ergonomía das costas en posición sentada e deseño de sistema de detección de malas posturas” de Alba e Uxía, estudantes de Bacharelato, xa fora galardoado na última edición de Galiciencia e o certame KiiCS-I de arte, ciencia e tecnoloxía.
Saúl e Álvaro, tamén estudantes de Bacharelato, viron recoñecido o seu traballo “Deseño e construción de células fotovoltaicas con materiais caseiros”.
Nos tres anos que as Aulas Tecnópole levan participando neste concurso sempre recibiron algún recoñecemento por parte do xurado. En 2013, Queila Bouza gañou o premio ao mellor proxecto de segundo ciclo da ESO coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, como os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas. En 2012 conseguíranse outras dúas mencións extraordinarias.
O proxecto foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.