Queila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame ''É de libro'' coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, como os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas. Estes dous estudantes, que recibirán o galardón o próximo sábado de mans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, concluíron que hai unha influencia directa polo menos no proceso de xerminación, ao comprobar que a fertilidade das sementes foi maior no caso das que non estiveron expostas á radiación.
n
n
nO proxecto foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.
n
nNo certame, organizado polo Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) co apoio do Ministerio de Educación, participaron un total de 3441 estudantes de toda España, que presentaron 517 proxectos.
n
nO xurado do concurso estivo formado por intelectuais de diferentes ámbitos, como a científica Margarita Salas, o economista Ramón Tamames, os escritores Carme Rese e Juan Cruz Iguerabide ou o filósofo Javier Sádaba. A súa decisión, tomada por unanimidade, baseouse no recoñecemento da "excelente calidade do traballo presentado, a orixinalidade nas súas formulacións e execución, o respecto polos dereitos de propiedade intelectual e o esforzo investigador levado a cabo" polos seus autores".
n
nIniciativas de divulgación
n
nAs Aulas Tecnópole son unha iniciativa de impulso á divulgación científica do Parque Tecnolóxico de Galicia que ten como obxectivo espertar nos rapaces e rapazas a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.
n
nNo marco desta iniciativa, os estudantes trasládanse unha tarde por semana a Tecnópole, onde levan a cabo os seus proxectos en equipo e axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características. Os estudantes, todos eles de segundo ciclo de Secundaria e Bacharelato, reciben deles formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa.
n
n(Fonte: Tecnópole)