O grupo 'Investigación y Desarrollo en Energía Solar' (IDEA) da Universidade de Jaén (UJA) deseñou novas estruturas fotovoltaicas "máis eficaces" que os módulos convencionais para capturar a luz do sol, cun grao de eficiencia que chega a alcanzar o 43%, fronte ao 15% habitual.
n
n
nO responsable do proxecto, Pedro Jesús Pérez, aclarou que esa porcentaxe significa que estes novos prototipos transforman un 43% da luz solar que reciben en electricidade.
n
nAdemais, o investigador da UJA explicou que os prototipos deseñados polo mencionado grupo contan cun xogo de lentes e espellos para concentrar toda a luz que reciben do sol nun só punto, de modo que "só é necesario cubrir ese punto concreto con células fotovoltaicas", unha cuestión a destacar porque, segundo aclarou, estas constitúen un material "moi custoso" xa que están elaboradas de "silicio basicamente, que é necesario para transformar os fotóns en electróns", o cal "encarece o prezo dos módulos".
n
nAsí, as lentes e os espellos das estruturas deseñadas polos investigadores da UJA elabóranse con materiais plásticos que son "moito máis económicos", segundo insistiu Pérez, que salientou que se se quere concentrar a luz solar nun punto "hai que crear un sistema de seguimento para que o módulo se mova aproveitando a maior incidencia dos raios do sol ao longo de todo o día".
n
nTras recoñecer que esta nova técnica "aínda non ten a madureza tecnolóxica suficiente para ser máis competitiva que a convencional", este investigador subliñou que estes novos módulos son "perfectos para as grandes plantas solares de desertos de América e do Norte de África, que teñen un gran potencial,", posto que "os sistemas de seguimento que orientan os paneis con respecto aos raios do sol son complexos e complicados, co que é máis práctico realizalos nas grandes instalacións".
n
nO grupo IDEA leva máis de 20 anos traballando con enerxía fotovoltaica e investigando novas formas de concentrar a luz recibida nun punto concreto, e actualmente colabora con diversas empresas españolas e estranxeiras na mellora dos novos prototipos e na súa posta a punto para substituír aos convencionais.
n
n(Fonte: EFE)