Estrella Galicia reinventa a súa forma de traballar coa intelixencia artificial

Hijos de Rivera, empresa propietaria de Estrella Galicia, foi a primeira compañía española en integrar na súa operativa diaria interna o asistente virtual de Amazon, Alexa, unha aplicación de intelixencia artificial (IA) activada por voz coa que os seus usuarios poidan obter datos da súa plataforma de análise de MicroStrategy, provedor líder de software de análise e mobilidade empresarial.

Ao utilizar o asistente de voz virtual de Amazon, os responsables da toma de decisións reciben respostas precisas sobre un inxente volume de información. Isto leva consigo aforros de tempo no xeito que os empregados realizan consultas de análise de datos e tamén mellora a accesibilidade que se dispón a reportes de vendas ou conclusións de negocio, eliminando ineficiencias operativas e aumentando a produtividade.

Nesta primeira fase de implantación de MicroStrategy-Alexa, a alta dirección de Hijos de Rivera obterá unha mellor visibilidade do rendemento do seu negocio, ao acceder de forma instantánea ao volume diario de vendas, facturación e prezos por canles, zonas comerciais, clientes, familia de produto e marca, así como comparativas co presuposto do ano anterior.

Outras áreas

Nunha próxima fase, a compañía ten previsto estender o uso da aplicación a outras áreas de negocio nas que se necesite información de forma áxil e acelerada.

Hijos de Rivera seguen dando pasos adiante na súa estratexia de transformación dixital que afectan de forma directa á súa operativa diaria. Dende a compañía reafírmanse na súa intención de seguir explorando novas formas de extraer valor dos datos para a nosa empresa e convertelos en coñecemento útil para a toma de decisións.

Juan José Delgado, chief dixital officer de Hijos de Rivera sinala que “continuamos impulsando a plataforma MicroStrategy non só con Intelixencia Artificial activada por voz como é o caso de Alexa, senón tamén co uso da tecnoloxía de xeración de linguaxe natural para producir narracións intelixentes que describan as análises que os nosos empregados están a ver. A nosa estratexia de análise empresarial é un gran paso adiante para converternos nunha empresa máis intelixente”.

A empresa Hijos de Rivera utiliza MicroStrategy dende o ano 2010 para ampliar o acceso á analítica a todos os equipos e funcións de negocio, incluíndo Vendas, Compras, Fabricación, Loxística, Recursos Humanos e Finanzas, entre outros, co fin de facilitar a toma de decisións baseada en datos.

(Fonte: El Correo Gallego)