Estados Unidos autoriza o primeiro fármaco fabricado cunha impresora 3D

A Administración de Alimentos e Medicamentos de Estados Unidos (FDA) autorizou o primeiro composto fabricado cunha impresora 3D. Trátase de píldoras solubles para tratar as crises de epilepsia. A firma elaboradora, precisou en que o seu sistema de impresión 3D pode producir doses con ata 1000 miligramos por comprimido. Unha portavoz da FDA, Sandy Walsh, confirmou que se trata do primeiro medicamento fabricado por esta vía que foi aprobado para a súa venda.

A píldora é fabricada a través dun proceso de capas vía impresión 3D e disólvese cando se consume cun líquido. A compañía situada en Ohio informou que o seu sistema de impresión pode empaquetar potentes doses da droga de ata 1000 miligramos en píldoras individuais. Espérase que Spritam sexa lanzado nos primeiros meses do 2016.

A FDA previamente aprobou dispositivos médicos -incluíndo próteses- feitas a través da impresión 3D. Unha voceira da axencia confirmou que esta é a primeira vez que aproban unha píldora vendida baixo receita médica que usa este proceso. Aprecia Pharmaceuticals que está en mans privadas, informou a través dun comunicado que planea desenvolver outras medicinas usando a súa plataforma 3D nos anos vindeiros, incluíndo máis drogas no ámbito neurolóxico.

(Fonte: Axencias)