As empresas españolas manteñen o liderado no sector termosolar. Participan na promoción ou construción de 2037 MW fóra de España, o que representa un 64% das iniciativas que se desenvolven no mundo.
n
n
nA asociación empresarial española Protermosolar indica que o 82% da potencia instalada de enerxía termosolar acumulada no mundo leva a marca España. A patronal tamén afirma que as compañías españolas participan no 64% dos proxectos termosolares que se atopan en promoción ou construción, e en mercados estratéxicos como Estados Unidos, Suráfrica, Marrocos, Abu Dhabi, India, México, Chile ou Australia.
n
nSe todas as iniciativas de construción de plantas termosolares no mundo suman 3163 MW, as empresas españolas participan na instalación de 2037 MW, todos eles fóra de España. O volume de actividade das centrais onde as corporacións españolas están presentes, rolda os 10.000 millóns de euros.
n
nOs proxectos con 'marca España' promoven emprego e xeran riqueza en toda a cadea de subministración local. En España, por exemplo, cada central con almacenamento necesita un emprego equivalente de 2214 homes ao ano durante todas as súas fases, dende o deseño e a fabricación de equipos ata a súa instalación. O compoñente local de traballos intensificouse progresivamente e, na actualidade, un proxecto termosolar xera entre o 50% e o 80% das compras na cadea de subministración do país onde se desenvolve.
n
n(Fonte: Spain Technology)