Un grupo de investigadores do Departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) conseguiron deseñar un dispositivo que fai invisibles os obxectos a un determinado tipo de luz, e a ondas electromagnéticas de moi baixa frecuencia, facendo que o campo magnético sexa nulo no seu interior e deixándoo intacto no exterior.
n
n
n
Deste xeito, o dispositivo actúa, de forma teórica, como unha capa de invisibilidade que fai que o obxecto sexa completamente indetectable a estas ondas.
n
n
A investigación está baseada nunha idea inicial dos ingleses Ben Wood e John Pendry (considerado o pai dos metamateriais) e supón un paso adiante na carreira para conseguir sistemas que permitan alcanzar a invisibilidade ás frecuencias de luz visible. Hai que recordar que a luz visible non é máis que unha parte do espectro electromagnético, cun rango de lonxitudes de onda moi concreto. Os investigadores españois avanzan un paso máis na busca da invisibilidade definitiva.
n
n
A dificultade deste reto radicaba en que a luz visible posúe unha traxectoria nun medio que vén determinada polas súas propiedades eléctricas e magnéticas, e críase que estas tiñan uns valores que non se podían modificar e impedían a invisibilidade. Non obstante, a aparición destes metamateriais abre un campo novo para lograr o reto da invisibilidade pois exhiben propiedades baseadas na capacidade para desviar a luz sen absorbela nin reflectila.
n
n
(Fonte: Spain Technology)
n