Segundo o estudo, o número de españois que contan cun móbil intelixente duplicouse nos últimos cinco anos. A pesar deste dato, o consumo de teléfonos novos en España tocou teito. De feito, segundo datos do sector, publicados polas consultoras Kantar Worldpanel e Deloitte, no que vai de ano produciuse un descenso xeneralizado na compra destes dispositivos, cunha caída do 11 %.
A caída na venda de smartphones, sobre todo dos últimos modelos, supuxo o auxe do mercado de teléfonos reacondicionados, incrementando a súa venda nun 25 % nos últimos tres anos e, só durante este exercicio espera que os españois reutilicen dous millóns de dispositivos.
“A saturación do mercado é a principal causa do estancamento do sector do smartphone en España”, apunta o CEO de Back Market, Thibaud de Lazauze. “Non ten sentido que os fabricantes de teléfonos móbiles lancen un novo dispositivo cada doce meses, cando a vida útil destes aparatos é de varios anos”.
Grazas a este mercado, os fabricantes poden dar saída ao stock acumulado como Apple, que xa restaura a maioría dos seus dispositivos para vendelos máis baratos, ou Samsung, quen espera que faga o mesmo para o próximo ano.
Non obstante, esta caída en vendas non é exclusiva de España e afecta outros países como Estados Unidos ou Alemaña. Ademais, a consultora IDC sinala que, durante o segundo trimestre de 2016, se venderon 343 millóns de terminais novos en todo o mundo, un 0,3 % menos que o mesmo período do ano anterior, o que apunta a un retroceso do mercado a nivel global.
(Fonte: EP)