O despregamento da fibra óptica no noso país permitiu que haxa xa máis de 3 millóns de usuarios conectados e ao redor de 15 millóns de fogares en cobertura.
O smartphone superou por primeira vez ao ordenador, antigo rei das conexións a Internet. De media, os españois teñen no seu móbil unhas 30 aplicacións, un feito que pode supoñer a cantidade de tempo que os usuarios utilizan o teléfono respecto ao ordenador: un 89%. Na cabeza a nivel europeo, o 87% dos españois utilizan un smartphone; en canto a tablets, libros electrónicos ou televisores intelixentes, España segue en primeiro lugar.
Ameazas de futuro
Na ‘Sociedade da Información en España”, Telefónica detectou varios feitos relevantes (uns bos, outros non tanto), pero que dan mostra dos cambios que acontecen dun ano para outro en plena Sociedade da Información. O vicepresidente executivo de Fundación Telefónica, Emilio Gilolmo, considera que 2015 foi un grande ano, pero que non hai que anquilosarse. Varias ameazas planean no futuro, como por exemplo, o descontento e a desconfianza que mostran os cidadáns en asuntos de seguridade e privacidade.
Por outro lado, “en Europa existe un problema, e é que hai 28 normas de cada dun dos 28 países que forman a nosa alianza. Ten que crearse unha economía única, e espero que sexa pronto, sobre todo en tema de economía dixital”, confía. Outro feito que esperan que se solucione no futuro é a publicidade invasiva. Gilolmo explica que en Telefónica descubriron que o 14% dos usuarios xa utilizan o bloqueo para publicidade, e que esta tendencia crecerá nos próximos anos. Considera que “isto cuestiona os plans de financiamento do ecosistema de Internet”, se ben, cre que debería regularse.
Entre outras cifras, o uso de Internet para o consumo de vídeos, películas e música aumentou 15,2 puntos (ata o 67,5%) e a busca de información sobre bens e servizos un 69,6%. Aumentou tamén o número de usuarios que só se comunican coa administración a través de Internet (en total, o 46% da poboación).
Segundo datos do informe, estas novas tendencias terán un grande impacto na vida económica da poboación, ademais da futura creación de riqueza. Na ‘Sociedade da Información en España” estiman que a achega destas novas tendencias suporán para España entre uns 108.000 e 137.000 millóns de dólares, o que aumentará a oferta de postos de traballos de alto nivel de cualificación, como expertos en TIC ou científicos de datos.
(Fonte: Innovaspain)