O informe de 2019 de FoodDrinkEurope revela que malia que a industria alimentaria é a primeira en empregos en moitos países europeos, representa apenas o 0,23% do gasto en I+D, a menor taxa en relación con outras rexións do mundo, fronte aos 0,75% de Australia, 0,66% de Corea, 0,64% de EEUU ou 0,60% de Xapón, entre outras.
Ademais, neste estudo sobre a industria da alimentación na Unión Europea recóllese que ningunha das 16 firmas europeas do sector que aparecen entre as 2500 empresas que máis gastan en I+D é española, malia ser o terceiro país da UE con máis compañías con máis de 28.000 empresas especializadas (só por detrás de Italia, con máis de 56.000, e Francia, con máis de 54.000).
A implementación de novas tecnoloxías en calquera empresa require de importantes investimentos, pero son claves para desenvolver novos produtos e servizos e para mellorar os procesos produtivos. Segundo este informe, aínda que o 88% das compañías de alimentos é plenamente consciente das novas perspectivas que brinda a transformación dixital, só o 59% admite ter as habilidades necesarias para aproveitar esta transformación dixital.
Así, para levar a cabo todos estes retos da era dixital, o 27% das empresas da industria alimentaría nomeou a un Chief Digital Officer e unha de cada catro viu xa resultados concretos ao adoptar tecnoloxías dixitais nos seus procesos, como o aumento do número de empregados.
En concreto, identificáronse nove tecnoloxías clave para poder emprender este proceso: robótica e automatización, internet das cousas, big data e analítica de datos, fabricación aditiva (impresión 3D), intelixencia artificial, servizos na nube, solucións de ciberseguridade, medios sociais e servizos móbiles.
(Fonte: La Razón)