Enxeñeiros vigueses deseñan un patín eléctrico máis lixeiro e compacto

Os vehículos eléctricos representan na actualidade unha alternativa real na redución de gases contaminantes, polución sonora e conxestión de tráfico. Neste contexto as bicicletas, patíns e cadeiras de rodas eléctricas enxérganse como boas opcións de transporte unipersoal, "sempre e cando ofrezan ao usuario a máxima autonomía, é dicir, mínimo consumo e mantemento, e flexibilidade de desprazamento".

n

 

n

Así o explican dende o Departamento de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Vigo, Xosé Manuel López Fernández e Pablo Padres Fajín, profesor e alumno encargados do deseño, cálculo, construción e montaxe dun prototipo de vehículo eléctrico de transporte unipersoal de tracción directa sen engrenaxes, baseado en motores de imáns permanentes.

n

 

n

A principal vantaxe deste prototipo radica no feito de que mellora as prestacións dos clásicos motores de corrente continua, alimentados a partir de baterías convencionais a base de chumbo/ácido ou de níquel/cadmio. "Esta solución clásica foi sempre superada polo motor de combustión, máis económico e con mellores prestacións,", subliña López Fernández, ao tempo que explica que os elementos clave dun vehículo eléctrico son tres: o sistema de transmisión, o de alimentación eléctrica e o de control. "A combinación destes tres elementos debe conseguir que o usuario teña as máximas facilidades tanto de desprazamento coma de mantemento, recalca o profesor vigués.

n

 

n

Área de traballo con dobre finalidade

n

 

n

O feito de non levar engrenaxes permite que este tipo de motor empregado no prototipo sexan menos pesados, máis compactos e con moito menor mantemento, debido a que, entre outros aspectos, coa tracción directa a velocidade do motor é a da propia roda, desaparece practicamente o ruído mecánico da transmisión, o acoplamento directo entre a carga e o motor elimina problemas de resonancia e estrés dos elementos mecánicos. "Ademais, desaparece todo tipo de fricción na transferencia do par de tracción á roda e, polo tanto, consume menos enerxía", destacan os investigadores, que fan tamén fincapé en que se reducen os picos de consumo durante o arranque.

n

 

n

Este tipo de traballo ten dende o punto de vista destes investigadores unha dobre finalidade: por unha parte, ofrecer a posibilidade aos futuros enxeñeiros de afondar nos coñecementos dunha temática que xa está a concentrar unha alta porcentaxe da actividade económica mundial e pola que se está a apostar como área prioritaria nos países desenvolvidos e, por a outra, concienciar os axentes sociais e empresariais "de que é unha alternativa factible ao noso alcance, como opción económica estratéxica na que se debería involucrar a nosa mediana empresa", subliñou o director do proxecto.

n

 

n

Unha temática que abre portas laborais

n

 

n

O Departamento de Enxeñería Eléctrica leva traballando na mellora deste tipo de motores dende o ano 2002 e, dende entón, foron xa tres os alumnos -Diego Comesaña Pazos, Casimiro Alvarez Marino e Pablo Padres Fajín- que centraron os seus proxectos fin de carreira nesta temática. "Aínda que nunca lle puidemos dedicar moitos recursos a este tipo de investigación, pensamos que é un tema estratéxico e de futuro, polo que é un aspecto que non deixamos de lado", subliñou López Fernández.

n

 

n

Para Pablo Padres a realización deste proxecto fin de carreira significou a súa contratación inmediata pola empresa Castrosúa, unha firma dedicada á fabricación de carrocerías de autobuses e autocares urbanos, interurbanos e turismos. "Pablo incorporouse ao equipo de desenvolvemento do autobús eléctrico Castrosúa, que será a primeira versión galega deste tipo de vehículos eléctricos", engadiu o director do seu proxecto fin de carreira, que valorou positivamente a súa incorporación a esta firma galega "dende antes de presentar o proxecto".

n

 

n

Agora o seu traballo en Castrosúa céntrase na programación electrónica para o multiplexado dos compoñentes eléctricos asociados a carrocerías (luces, interruptores, sensores…). "Trátase de dar solución aos problemas que trae a nova tecnoloxía dos autobuses híbridos", explica o investigador, que fai fincapé en que "forma parte do grupo de desenvolvemento de futuros proxectos, que se están a desenvolver e que están moi ligados os motores de imáns permanentes".

n

 

n

(Fonte: Duvi)

n