O prototipo final consta de tres sensores específicos para a identificación e cuantificación dos compostos orgánicos volátiles (VOx) que desprende a carne a medida que se deteriora e conta tamén cun filme multicapa para cubrir a bandexa. O dispositivo externo de lectura procesa a información proporcionada polos sensores, mediante o uso dun software intelixente que determinará a calidade da carne e a vida útil do produto.
Dende o departamento de investigación de Asincar, explican que “o produto non só ten vantaxes en canto a factores alimentarios, senón tamén de cara ao consumidor, que se sentirá máis seguro á hora de comprar produtos”. A ferramenta permitirá ás empresas de distribución coñecer de inmediato o impacto que unha rotura de frío pode ter sobre o produto, podendo reformular a etiquetaxe de caducidade así como activar os protocolos de continxencia requiridos.
Pola súa banda, a nivel de supermercado os responsables poderán coñecer continuamente o estado da carne e polo tanto coñecer a data real de caducidade, evitando o problema de dispendio innecesario (actualmente a data de caducidade fíxase baseándose en criterios establecidos para cada produto).
(Fonte: Innovaspain)