O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), destinará 106 millóns de euros a tres liñas que financiarán con empréstitos participativos para proxectos empresariais promovidos por pequenas e medianas empresas (PEMEs); empresas de base tecnolóxica e emprendedores do sector TIC.
n
n
nO obxectivo destas liñas é impulsar a creación de empresas e contribuír á xeración de emprego. Estímase que con elas se dará cobertura a uns 500 proxectos empresariais, inducindo un investimento de 850 millóns de euros e a creación de 6000 postos de traballo dos cales uns 3500 serán de alto perfil tecnolóxico.
n
nEsta liña concederá entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros a proxectos promovidos por pemes co obxecto de mellorar a súa competitividade e contribuír á xeración de emprego. O período de amortización dos empréstitos terá un vencemento máximo de 9 anos, cun máximo de 7 anos de carencia. Non se esixirán garantías e o tipo de interese fixarase en función dos resultados da empresa beneficiaria, cun mínimo e un máximo.
n
nPor outro lado, ENISA concederá entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros, sen garantías, a proxectos cuxo resultado sexa un avance tecnolóxico na obtención de novos produtos, procesos ou servizos. As liñas terán un vencemento máximo de 7 anos, cun máximo de 5 anos de carencia.
n
nAdemais, concederanse entre 25.000 euros e 300.000 euros a proxectos promovidos por emprendedores e pemes do sector das TIC co obxecto de impulsar a creación de empresas e o lanzamento de novos produtos e servizos. O período de amortización dos empréstitos terá un vencemento máximo de 9 anos, cun máximo de 7 anos de carencia. Esixiranse garantías que oscilarán entre o 5% e o 25% do importe do empréstito en función do rating e o tipo de interese fixarase en función dos resultados da empresa beneficiaria, cun mínimo e un máximo.
n
n(Fonte: Muypymes)