O informe tamén inclúe outros datos que serven para valorar a produción científica española, como número total de artigos científicos publicados por áreas; o impacto normalizado; o número de artigos científicos que, ademais de ser excelentes, foron liderados por unha institución española; ou a cantidade de artigos que se realizan en cooperación internacional. Para que un artigo científico sexa considerado excelente, debe situarse entre o 10% dos artigos citados da súa área a nivel mundial.
No que se refire a cantidade de artigos científicos, medicina é a área onde se publican máis número de documentos (175.578 no período 2005-2014), aínda que é en agricultura onde a porcentaxe de publicacións respecto á produción mundial é maior: un 4,6% dos artigos científicos publicados nesta área en todo o mundo son españois.
En canto á colaboración internacional, as publicacións relacionadas coas ciencias planetarias e do espazo, así como os artigos de física e astronomía son os que posúen unha porcentaxe máis alta de colaboración internacional.
(Fonte: Innovamás)