n
n
No marco do programa Innpacto 2011, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, desenvólvese o proxecto SHE (Smart Home Energy), unha plataforma de xestión de eficiencia enerxética para usuarios residenciais.
n
n
n
n
n
n
Este proxecto ten como obxectivo a integración dos diferentes sistemas domésticos nunha rede intelixente, que permita ao usuario final controlalos a distancia, así como tomar decisións de aforro e eficiencia enerxética en tempo real e baseándose na aprendizaxe continua da instalación.
n
n
Deste modo, SHE pretende adaptar os dispositivos e configuracións Building Management Systems (BMS) a ámbitos residenciais (ata agora deseñados para persoal cualificado de mantemento), considerando como cliente final o usuario da vivenda. Isto axudará á redución progresiva do consumo enerxético no fogar, contribuíndo así á redución do consumo no sector residencial a través do uso das Tecnoloxías da Información.
n
n
SHE é un proxecto de I+D de cooperación entre empresas e organismos de investigación. Liderado por Enxeña, conta coa participación das seguintes entidades: Infobótica Research Group de la Universidad de Oviedo, Achega, Centro de Observación e Teledetección Espacial, Tecopysa, Ingho Facility Management, Instituto Andaluz de Tecnoloxía e Sistemas avanzados de Tecnoloxía.
n
n
O pasado mes de outubro celebrábase en Madrid a reunión de lanzamento do proxecto, que terá unha duración estimada de tres anos, cun presuposto de 2,7 millóns de euros.
n
n
(Fonte: Energética 21)
n
n
n
n